Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Matrícula para o curso 2022-2023

PRAZO

Do 25 de xuño ao 10 de xullo para todo o alumnado.

 

PROCEDEMENTO

A matrícula farase mediante un formulario web, para o cal repartiremos un código QR personalizado a cada alumno. Se non cho deron, podes acceder ao teu formulario de matrícula a través da sección Matrícula Curso 22-23 curso Administración Alumnado da nosa Aula Virtual, ou pedilo na secretaría do centro ou enviando un correo a secretaria.leiras@gmail.com

O formulario consta dos seguintes pasos:

  1. Elección/confirmación de opcións e materias optativas
  2. Envío de documentación
  3. Elección de transporte se é o caso
  4. Folla de autorizacións

Para a matrícula, tes que ter preparada a seguinte documentación, ben sexa escaneada en formato JPG ou ben unha foto feita co teléfono, pero que estea ben feita, sobre fondo branco. Se usas o navegador do móbil, poderás facer unha foto instantaneamente dende o propio formulario.

  • Foto carnet: vale un selfie se o fas ben, sobre parede branca e sen sombras.
  • Seguro escolar: A partir de 3º ESO é obrigatorio o pago do seguro escolar. Son 1,12€ para pagar no número de conta de ABANCA ES14-2080-0176-9730-4000-8849. Pode facelo mediante transferencia online se dispón desa aplicación, ou ben en efectivo en calquera caixero de Abanca:
    • Pulse “operaciones sin tarjeta ni libreta”
    • Seleccione idioma y la opción “ingresos efectivo”
    • Teclee el número de cuenta de abono
    • Teclee la cantidad 1,12€
    • En el campo “concepto” indique el nombre del alumno
    • Introduzca un billete y el cajero le dará las vueltas (no admite ingreso de monedas)
    • Retire el justificante de pago
  • Só para alumnado novo no instituto:
    • Foto do DNI en caso de que o teña.
    • Foto do libro de familia, das follas dos pais e alumno.
    • Foto do boletín de notas.

 

Radio Leiras: Lecturas dramatizadas de Núñez Singala

Lectura dramatizada sobre relatos de Manuel Núñez Singala.
Actividade do Club de Lectura.

Dirección: Suso Coucheiro
Locutores: César, Leire, Victoria, Déborah, Nico e Christian (2º ESO D)

 

Premio Olimpíada Matemática

Este xoves 20 de maio celebrouse no Círculo das Artes de Lugo a final da Olimpiada Matemática Galega na que o noso centro contaba con dous representantes clasificados desde a fase de zona: Nuria Ledo e Martín Casanova.

Nesta versión reducida a causa da pandemia, 25 rapaces e rapazas das 4 provincias chegaron á final despois das fases previas que envolveron a máis de dous centos participantes inicialmente inscritos.

A proba consistía na resolución de 5 problemas que tocaban diferentes ámbitos das matemáticas. Nestes problemas valórase especialmente a creatividade na resolución, a precisión e boa organización nas formulacións e a xustificación dos resultados.

Por primeira vez o noso centro vai contar cun finalista na fase española desta Olimpiada. O alumno Martín Casanova Alonso de 2º da ESO E obtivo o primeiro premio nesta competición e representará a Galicia tanto na proba individual como na competición por seleccións autonómicas que se celebrará o 26 de xuño.

Moitos parabéns a Martín, a Nuria, ao alumnado que participou na fase de zona e a todos/as aqueles/as que día a día vos esforzades por mellorar e superarvos nunha materia tan complexa e abstracta, pero tan fundamental como é a das matemáticas.

Promoción 2021


PINCHA NA FOTO PARA TELA EN MÁXIMA CALIDADE

 

Ceremonia de Graduación

 

Hoxe á partir das 19:00 na nosa canle de YouTube

 

Desafío CalcuLeiras 2021

Co obxecto de desenvolver entre o alumnado de 1º da ESO o gusto e valoración do cálculo mental como ferramenta esencial de aplicación en múltiples ámbitos nos nosos días, o departamento de matemáticas organiza o Desafío CalcuLeiras 2021.

Enmarcado no Contrato-Programa para a Mellora da Competencia Matemática, esta actividade pretende completar o currículo propio da materia cun tempo de cálculo mental que lle permita ao alumnado mellorar e gañar confianza e auto-estima nesta disciplina matemática que segue a ser de grande utilidade pese a actual omnipresencia de dispositivos electrónicos. A metodoloxía de partida será a aplicación web http://mvilarinho.pythonanywhere.com/cmental onde se axustará o tempo para afrontar o Desafío. Comezarase con 12 segundos por exercicio e irase baixando a 10, 8, 6 e mesmo 4 segundos para determinar os desempates. Os/as 3 finalistas de cada curso recibirán premios en forma de vales-agasallo para intercambiar en librerías e  pasarán a grande final de 1º da ESO. Alí esperan trofeos e máis premios para os campións e campioas deste concurso.

O Contrato Programa complétase este mes de maio con obradoiros de Cálculo Mental a cargo do profesor Víctor Pollán para 2º da ESO e 3º de Aplicadas e unha conferencia do colaborador do CB Breogán Edgar Paz (pendente de confirmar) que achegará ao alumnado de 1º de BAC a aplicación da Estatística ao ámbito deportivo.

 

Actividades sobre Xela Arias (23-04-2021)

 

Divulgación de actividades sobre Xela Arias


Locutor: Xabier Díaz

Convidadas: Belén Martín, Noemí García, Cinthia Lázare, Pablo Monteagudo, Iria Burgo, Maitane Arias

Colaboración: Esperanza Fernández

Gravación: Xabier Díaz

Vida e obra de Xela Arias (21-04-2021)

 

Vida e obra de Xela Arias.

Dirección: Rosa Varela
Locutora: Area López
Convidados: Xavi Martínez, José Luis Veiga, Martín Casanova
Convidada especial: Luz Jares

Gravación: Xabier Díaz

Recitado de poemas de Xela Arias (19-04-2021)

Recitado de poemas de Xela Arias.

Locutora: Belen Martín
Recitan: Ana Dopazo, Lucía Ónega, Bea Bermes, Suso Coucheiro, Samuel Hermida

Gravación: Xabier Díaz

Campaña Leiras Verdes

Hoxe 22 de abril, Día Mundial da Terra, queremos coller o relevo da campaña levada adiante en anos anteriores no IES Leiras Pulpeiro, e concienciar a todo o instituto para reducir o uso de plásticos, e incidir na separación selectiva dos residuos no día a día.

Para iso, alumnxs de 1ºESO D, desde as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Imaxe e Son realizaron este vídeo, e emprenderán unha campaña de concienciación chamada Leiras Verdes.

Por un mundo libre de plásticos! :)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut