Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Luns 11 de outubro - Día do Ensino

Lembramos que segundo figura no Calendario Escolar de Galicia para o curso 2021-22, o luns 11 de outubro celebrarase o día do Ensino e polo tanto permanecerán pechadas as instalacións do noso centro educativo.

Visita de Maike e Susanne

O luns 4 de outubro, no marco do proxecto Erasmus+, recibimos a visita de dúas docentes danesas, Maike e Susanne, procedentes da Broager Skole en Sønderborg.

Elaboramos un programa moi centrado nas medidas de atención á diversidade que levamos aplicando estes anos tanto no noso instituto como no colexio adscrito de Casás.

A xornada comezou ás 8:20h coa benvida e unha breve recepción para, a seguir, asistir a unha mostra de introdución dunha lingua estranxeira na aula de Tecnoloxía coa sección bilingüe impartida por José Manuel.

Posteriormente acompañámolas nun percorrido polos nosos corredores, podendo respirar, grazas a medida COVID de portas abertas, o ambiente de traballo que estaba a ter lugar nese momento no centro.

Ás 10h achegámonos ao CEIP Casás onde a Dirección, Orientación e demais persoal ofreceron unha cálida acollida, amosando instalacións, abrindo aulas e repartindo saúdos. As nosas convidadas amosaron especial interese nos materiais e metodoloxías empregadas na aula TEA e na integración do alumnado con discapacidade. Finalizou a visita en Casás cunha presentación en imaxes da Broager Skole.

De volta ao IES Leiras Pulpeiro, Maike e Susanne participaron na Biblioteca dunha orixinal sesión de reforzo lingüístico impartida por Marta López ao redor dun conto de Andersen. A continuación tomou protagonismo o noso departamento de Orientación coa visita ás aulas de Pedagoxía Terapéutica e coa entrevista a Carmen e Montse, que intercambiaron metodoloxías, ideas e experiencias na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Rematou a xornada coa visita á aula TEA, onde Noelia e Lidia compartiron a súa actividade, traballos, materiais e respostaron ás preguntas que con gran curiosidade facían as nosas convidadas.

 

Foi unha xornada de traballo dun enorme interese para todos, nomeadamente para nós, que puidemos afondar e situar nunha posición central o traballo das nosas compañeiras que con tanta profesionalidade atenden día a día o alumnado máis vulnerable.

 

Para Maike e Susanne só temos palabras de agradecemento. Dúas mulleres encantadoras, divertidas, comprometidas co seu traballo, moi interesadas e respectuosas pola nosa actividade e coas que nos encantaría continuar na distancia cunha relación tan agradable e productiva como a que tivemos nesta víspera de San Froilán.

 maike e susanne

Xornada de Benvida 2021/22 - Alumnado 1º da ESO

Todo listo para a xornada de benvida ao alumnado de 1º da ESO. Podes ver a info completa aquí.

O alumnado accederá ao centro o 15 de setembro convocado por grupos ás 9h (1ºESO A e B) ou ás 9:30h (1ºESO C e D) e participará das actividades ata as 14h. Para saber en que grupo están deberán introducir o seu dni nesta ligazón.

Esta xornada contará coa presentación do equipo directivo, persoas titoras, biblioteca, aula virtual, edlg, anpa e outras actividades educativas e de lecer (xadrez, hockey, basket) que o alumnado visitará dividíndose en 8 grupos.

Cada rapaz e rapaza contará tamén cunha Madriña ou Padriño que se prestou voluntario entre o alumnado delegado ou mediador. 

Non é necesario que traian material escolar nin merenda. Será ofrecida pola ANPA para promover unha alimentación saudable.

Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, haberá control de distancias e aplicarase xel hidroalcólico ao inicio de cada actividade.

Queremos que sexa unha xornada que dea inicio a un camiño cheo de experiencias, aprendizaxes, compañeirismo e bos momentos ao redor do noso centro educativo.

Aberto o prazo para pedir becas para BAC e alumnado NEE

Na páxina do Ministerio de Educación aparece a convocatoria de becas para o vindeiro curso.

Na ESO as becas son só para alumnado con necesidades educativas especiais

En BAC hai becas xerais e tamén de necesidades educativas especiais

Calendario de inicio de curso 2021/22

Inicio do curso 2021/22

Publícase o calendario de inicio do curso 2021/22. Prema na seguinte ligazón:

Inicio do curso 2021/22

Tarefas de Matemento na Aula Virtual

Informan da Consellería que están a actualizar a nosa Aula Virtual á versión 3.9 de Moodle dende a 3.3 que funcionou este curso.

Por este motivo estará inaccesible dende o día 28 de xullo ata o día 5 de agosto.

Este proceso de actualización non afecta aos contidos e só notaredes que cambia o aspecto das tarefas e demáis actividades pero a funcionalidade debería ser a mesma.

 

Lo que viene en Moodle 3.9 | Moodle

Novo Equipo Directivo

O pasado 1 de xullo tomaba posesión o novo equipo directivo do IES Leiras Pulpeiro coa continuidade de Nuria Castelo como vicedirectora, Xabi Díaz como secretario e coa incorporación de José Manuel Martínez como xefe de estudos e Manuel Vilariño como director.

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa o apoio recibido, especialmente a Berta López e Cristina Andreu, anteriores directora e xefa de estudos que facilitaron o relevo de maneira impecable.

Seguiremos tendo a atención á grande diversidade do noso centro como eixo principal das nosas actuacións, procurando que repercuta enriquecendo a formación integral de todo o alumnado como cidadanía consciente, activa e responsable. 

O excelente ambiente de compañeirismo e convivencia que se respira entre todos os membros da nosa comunidade educativa déronnos as forzas para iniciar esta nova etapa da que esperamos que acheguedes a vosa colaboración coa mesma ilusión e entusiasmo co que comezamos nós.

 

Martín Casanova, un dos gañadores da Olimpiada Matemática Española 2021

 

O pasado 26 de xuño celebrouse a Final da Olimpiada Matemática Española 2021 que, a causa da pandemia, tivo que desenvolverse en modo on-line.

Os tres finalistas galegos, entre os que se atopaba o noso alumno Martín Casanova Alonso de 2º E, participaron no evento desde o Círculo das Artes de Lugo. Na sesión de mañá tivo lugar a proba individual que consistiu na realización de 5 problemas nos que se trataban diferentes ámbitos do coñecemento matemático.

 

Proba Individual

 

Pola tarde, desenvolveuse a proba por equipos na que competiron as diferentes comunidades autónomas, Melilla e os centros educativos españois de Marrocos.

 

Proba por Equipos

 

Proba por Equipos

 

O xoves 1 de xullo, tamén en modo on-line, celebrouse desde a Universidade de Oviedo a entrega virtual de premios. O primeiro posto por equipos correspondeu á Comunidade Valenciana e na proba individual, entre os 60 finalistas, nomeáronse 6 gañadores: dous alumnos de Madrid, un de Asturias, un de Canarias, un de Cantabria e o noso Martín.

 

Un grande orgullo para o IES Leiras Pulpeiro.

 

Acto premios aos mellores expedientes de BAC de Galicia

Resultaron galardonados os seguintes alumnos de 2º BAC no acto aos mellores expedientes de Galicia:

  • Xabier Carricoba
  • Jimena García
  • Alicia Illán
  • María Lamas
  • Area Loureiro

Noraboa a todos polo traballo ben feito.

 

Radio Leiras: Relatos de Núñez Singala

Lectura dramatizada sobre relatos de Manuel Núñez Singala.
Actividade do Club de Lectura.

Dirección: Suso Coucheiro

Locutores: Eva Díaz, Samuel Hermida, Ainhoa Baamonde, Nacho Illán, Lucía Ónega, Sergio Navia, Adrián (4º ESO)

Gravación: Xabier Díaz

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut