Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Admitidas todas as solicitudes de reserva para 1º da ESO

De conformidade coa normativa en materia de admisión de alumnado nos centros docentes, facemos público que foron admitidas todas as solicitudes de reserva achegadas desde os centros adscritos CEIP Casás e CEIP Menéndez Pelayo para o curso de 1º da ESO no período 2022/2023.

Renacemento (22-02-2022)

 

Segundo episodio do Programa de Historia da Música de 2ºBAC, coa temática do Renacemento

Dirección: María
Locutoras: Nerea Durán, Iria López, Carla López
Control: Diego Porto
Fondos musicais: Xabi

Desfile de Entroido

Como cada ano, chega o noso tradicional desfile de Entroido, con todos os ingredientes propios desta data: gran participación, comparsa do profesorado, chocolatada da ANPA e diversión asegurada. Apúntate nalgunha das tres categorías propostas!

PROGRAMA

08:30h-11:00h Sesións lectivas con normalidade.
11:00h-11:30h Período de lecer.
11:30h-12:00h O alumnado poderá prepararse para o desfile nas aulas onde teña clase nese momento. 
12:00h Desfile de Entroido no patio. 

  • Dará comezo coa comparsa do profesorado.
  • Será conducido polas alumnas María Azargui e Nerea Fernández Domínguez.
  • O xurado estará presidido pola profesora Ana Belén Somoza.
  • Xabi Díaz dirixirá a cobertura do evento para LeirasTV.
  • A ANPA ofrecerá chocolate para todos.

 

13:30h Entrega de premios.
14:00h Saída.

Venres musicais: Soul (18-02-2022)

 

Día de venres musicais co monográfico "Soul".

Dirección: Félix
Locutoras: Carla, Sara, Doaae (1º ESO-C)
Fondos musicais: Nerea (2ºBAC)
Control: Andrea (2ºBAC)
Gravación: Xabi

Día da muller e nena na ciencia (11-02-2022)

Co gallo do día da muller e nena na ciencia, o departamento de Bioloxía ofrécenos a biografía de diversas mulleres científicas que destacaron polos seus logros.

Compositoras na Idade Media (15-02-2022)

 

Programa sobre as compositoras da Idade Media. Traballo feito na materia de Historia da Música de 2ºBAC

Dirección: María Cabo
Locutoras: María Azargui, Nerea Fernández, Uxía Sanfiz
Fondos musicais: Nerea Fernández
Control: Judit Seijas
Gravación: Xabi

Títulos promoción 2020

Xa están na secretaría do centro os títulos da promoción de 2020.

Podedes recollelos en horario de oficina: de 9:00 a 14:00

Día da paz

 

O alumnado de 1ºESO de  Relixión Católica celebra o día da paz no xardín do noso IES botando a voar pombas que levaban mensaxes de respecto, comprensión, tolerancia, empatía, solidariedade, caridade, inclusión, escoita, aceptación, atención e bondade.

Venres Musicais - Rock (11-02-2022)

 

Día de venres musicais co monográfico "Rock'n'Roll".

Dirección: María
Locutores: Wander Feliz, Antía Seijas, Nerea Valdés, Jorge Vázquez
Fondos musicais: Pablo Couso
Control: Xabi
Gravación: Xabi

Venres Musicais - Jazz (04-02-2022)

 

Sesión de Jazz nos "venres musicais" (04-02-2022)

Locutoras:

Dirección: Félix

Control de son: Antón Ferreiro (2º BAC)

Fondos musicais: Diego Porto (2º BAC)

Gravación: Eladio Rodríguez (2º  BAC)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut