Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Semana de Acollida Erasmus

Esta semana recibiremos a visita do alumnado do proxecto Conviviendo en el Camino, coordinado dende o noso instituto e coa participación dos centros de Todi (Italia), Toulouse (Francia) e Valença do Minho (Portugal).

Está a ser unha experiencia moi positiva para alumnado, profesorado e familias e queremos que todo a nosa comunidade educativa faga parte dela. O programa é o seguinte:

- Mércores tarde: Chegada das delegacións e aloxamento en familias/hoteis.
- Xoves 9h: Recepción no Salón de Actos do Instituto, actuacións musicais e xogos educativos.
- Xoves 11h: Especial Radio Leiras - Leirasmus Edition.
- Xoves de 11:30h a 14:00h: Visita ás aulas do Leiras e participación nas clases.
- Xoves e venres de 16:30h a 18:30h: Actividades simultáneas polo centro de Lugo: percorrido pola arte urbana a cargo de Guido Guía e busca do tesouro Lucus Augusti.
- Venres mañá: Visita ao Lugo monumental e recepción no Concello.
- Venres noite: Cea de confraternidade.
- Sábado: Realización da etapa final do Camiño: Pedrouzo - Santiago.
- Domingo: Fin do Camiño en Fisterra.

Benvidos/as ao noso instituto e a nosa cidade. Serán uns días inesquecibles!

Becas para estudos post-obrigatorios

Acaban de saír, este ano con varios meses de adianto, as becas para estudantes de bacharelato de cara ao curso 2022/23.

O prazo de solicitude está aberto entre o 30 de marzo e o 12 de maio de 2022.

 Podes consultar toda a información neste enlace: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-7804

Alumnos do IES Leiras Pulpeiro visitan Madeiras Besteiro (La Voz de Galicia)

Venres Musicais - Grandes Voces (25-03-2022)

Día de venres musicais co monográfico "Grandes Voces", a cargo de alumnado de 1º BAC

Dirección: Nuria Castelo
Locutores: Judith, Samuel, Aroa, Paula, Lucía, Nuria
Fondos musicais: Xabi
Control: Xabi
Gravación: Xabi

Barroco (23-03-2022)

Terceiro episodio do Programa de Historia da Música de 2ºBAC, coa temática do Barroco

Dirección: María
Locutoras: Nerea, María, Yaisa, Uxía
Control: Xabi
Fondos musicais: María

Visita á exposición "Historia y Cultura del Pueblo Gitano"

Unha representación do noso alumnado de primeiro da ESO achegouse á Facultade de Formación do Profesorado para tomar parte desta iniciativa da Asociación para a Promoción e Integración Gitana de Lugo, que pretende achegar ao alumnado do sistema educativo, e á cidadanía en xeral, a información real e documentada da historia do pobo cigano, esa historia que nunca aparece nos libros de texto. Sabemos que o seu descoñecemento axuda a reforzar os prexuízos e estereotipos que se teñen dos nosos concidadáns ciganos, ademais da desigualdade que se consolida ao non estar incluída a historia e a cultura cigana nos contidos escolares. Foi desenvolvida e promovida por toda España grazas ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Parabéns por esta iniciativa á APIG, que entendemos con carácter transversal e de interese para toda a nosa comunidade, que ademais axuda a fortalecer a nosa dinámica de facer da diversidade un valor educativo positivo.

Venres Musicais - Rock dos 60 (18-03-2022)

Día de venres musicais co monográfico "Rcok dos 60".

Dirección: María Cabo
Locutores: Estela, Tiago, Adrián e Nahir de 4ºESO
Fondos musicais: Pablo F. Pazó
Control: Pablo Couso
Gravación: Xabi

Venres musicais: Matriarcas (11-03-2022)

 

Día de venres musicais co monográfico "Matriarcas", dedicado ás mulleres cantantes galegas.

Dirección: Rosa Varela
Locutores: Alejandro Blanco, Rosalía Bernárdez, Adriana Fernández, Sergio Andión
Fondos musicais: Andrea Castro
Control: Diego Porto
Gravación: Xabi

Programa de Charlas Científicas

Durante as próximas semanas teremos a honra de contar no noso instituto coa presenza de investigadores/as das 3 universidades galegas que nos achegarán aspectos prácticos e actuais das diferentes áreas científicas. Trátase de reforzar os contidos traballados día a día nas nosas aulas, achegar un enfoque diferente dende o ámbito universitario e coñecer a especialistas de prestixio que, sen dúbida, exercerán inspiración no noso alumnado.

Data Hora Sala Curso Materia Área Poñente Universidade
4 de marzo Todo o día IGFAE (USC) 2º BAC Física Fís. de Partículas Varios Poñentes USC
10 de marzo 9:20h-10:10h Salón de Actos 4º ESO Bio – FeQ Fisioloxía M.ª Carmen Rodríguez USC
18 de marzo 12:20h-13:10h Salón de Actos 1º BAC Cultura Científica Paleontoloxía José B. Díez Uvigo

1 de abril

29 de abril

9:20h-11:00h Aula 0.04 1º BAC Bioloxía Neurociencia Casto Rivadulla

UDC

4 de abril 12:20h e 13:20h Aulas 0.05 e 0.10 1º e 2º BAC MAT I e Métodos Mat. Aplicada Iván Area

Uvigo

6 de abril 13:10h-14:00h Aula 1.09 4º ESO Inglés/Latín Comunicación Pablo Romero

Uvigo

6 de abril 11:30h e 12:20h Aulas 0.05 e Salón de Actos 1º e 2º BAC Mat Apl. ás CSS I, II e Economía I Economía Técnicos AEAT AEAT

25 de abri

23 de maio

11:30h e 12:20h Salón de Actos 3º ESO BIO, XeH, EF Biomedicina Sonia Souto UDC
13 de maio 12:20h Salón de Actos 1º BAC Cultura Científica Neuroloxía Mª Carmen Vale USC

 

Charla de Mª Carmen Rodríguez sobre plantas tranxénicas e medicamentos:

Charla de José Bienvenido Díez sobre fósiles:

Charla de Iván Area da Universidade de Vigo sobre as Matemáticas do COVID

Non á Guerra en Radio Leiras

 

Esta mañá Radio Leiras sumouse á UER  neste evento europeo de unión ao redor da paz. Compartimos o texto lido pola alumna Marta Vázquez durante o período de lecer, antes de facer soar no noso patio e polos nosos corredores o Give Peace a Chance.

 

BO DÍA a toda a comunidade educativa do IES Leiras Pulpeiro

Hoxe, ás 8:45h as emisoras da Unión Europea de Radiodifusión confluiron nunha iniciativa que supón unha chamada á paz mundial, ante os terribles sucesos que están a ter lugar en Ucraína.

A esa hora, simultaneamente, centos de Radios europeas emitían o clásico tema ‘Give Peace a Chance' de John Lennon.

A iniciativa xurdiu da radio pública de Berlín, Radioeins, membro da UER, que a promoveu entre os seus integrantes, sumando tamén a emisoras privadas. Trátase de demostrar, fronte ao horror do ataque de Rusia a Ucraína, como o poder da radio pode amplificar o apoio á paz e crear un movemento unido en todo o continente.

Dende Radio Leiras, queremos sumarnos a este iniciativa, e durante o período de lecer, emitir este canto mundial cara a paz en solidariedade con todas as víctimas desta barbarie e berrar, con todas as nosas forzas, un rotundo NON Á GUERRA.

Distribuir contido


by Dr. Radut