Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

A Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán

O martes 20 de decembro o alumnado de 4º da ESO puido asistir á presentación do documental A Carta Xeométrica de Galicia (1817 -1834) producido por Manuel Fernández que asistiu persoalmente ao noso centro acompañado polo topógrafo Manuel Amigo.

O documental trata da figura de Domingo Fontán, un ilustrado, galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia, a Carta xeométrica de Galicia, labor ao que adicou dezasete anos da súa vida. Foi secretario da Deputación Provincial de Galicia durante o trienio liberal, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e Presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago.

A Carta Xeométrica de Galicia, é un mapa físico de Galicia, realizado entre 1817 e 1834. Esta obra foi o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (triangulación, altimetría barométrica, etc).

Para cartografar Galicia, Domingo Fontán aproveitou os avances científicos da época e estableceu unha rede xeodésica, establecendo diversos puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos.

Para realizar esta carta, tivo que percorrer todo o territorio galego a pé e a cabalo. Nela catalogou, por primeira vez na historia, todas as igrexas das parroquias galegas. Recolleu tamén a totalidade dos accidentes xeográficos e acadou un nivel de detalle no mapa que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite nos anos 50 do século XX.

Despois da proxección e dun debate co alumnado saímos ao noso xardín para aplicar os conceptos trigonométricos á medición do noso liquidámbar. Obtivemos que tiña 11m de altura a partir da tanxente do ángulo que forma coa horizontal.

Charla sobre Manipulación e Discurso

O  luns 19 de decembro tivemos a honra de contar con Susana Rodríguez Barcia, filóloga, tradutora e profesora da Universidade de Vigo especialista na presenza da ideoloxía no discurso lexicográfico e na construción discursiva de estereotipos.

Ofreceu unha moi necesaria conferencia ao alumnado de 4º da ESO organizada polo departamento de Lingua e Literatura Castelá titulada Manipulación e Discurso. A Lingüística axuda a ser unha persoa crítica.

Hoxe en día, fanse imprescindibles este tipo de actividades que permitan, reforzando o traballo de clase, xestionar con criterio a cantidade de información á que estamos expostos e identificar as técnicas de control utilizadas na súa elaboración.

Venres Musicais - Radio Gaga (16-12-2022)

 

Programa de radio monográfico sobre a banda Queen. Integramente feito por alumnado de 1ºESO

Dirección: Antón
Locutores: Antón Jove, Adriana Campo, Daniel Díaz
Control: Eva Díaz
Fondos musicais: Xabi

Venres musicais - Grandes rimas do pop español (09-12-2022)

Programa especial dedicado ás "grandes" rimas de cancións do pop español, principalmente dos anos 80. Herdeiros da poesía de Gloria Fuertes.

Dirección: José Manuel
Locutores: José Manuel, Xabi
Control: Xabi
Fondos musicais: José Manuel

Feira de Nadal 2022

O xoves 22 de decembro, ás 11:30h celebraremos unha nova edición da Feira de Nadal do IES Leiras Pulpeiro cun conxunto de actividades lúdico-educativas que se prolongarán ata as 14h, hora de saída e de comezo das vacacións.

Nestes días, fomos armando diferentes actividades nas que o alumnado deberá amosar as súas habilidades e conseguir Leiros, a moeda que emitimos para a ocasión e que valerá para adquirir na cafetaría pinchos e bebidas saudables. Cada alumno/a só poderá obter como máximo un Leiro en cada espazo e os Leiros caducarán despois da Feira de Nadal.

As actividades confirmadas son:

Actividade Responsable Descrición
Xadrez Xaquedrum Partidas e Retos Xadrecísticos
Kahoot  Dpto. Xeografía e Historia Xogo de preguntas por grupos
Papiroflexia Dpto. Matemáticas Elaboración de figuras dobrando papel
Historias co Tangram EDLG e Dpto. Matemáticas Redacción de Relatos e Figuras co Tangram
Tarxetas de Agasallo Dpto. de Plástica Elaboración de Tarxetas de Agasallo de Nadal
Programación dos Robots mBlock Dpto. Tecnoloxía Programación básica dos robots mBlock
Fútbol CD Casás Habilidades futbolísticas
Hockey CH Lóstregos Habilidades hockeiras
Baloncesto CD Xuncas Diversia Habilidades baloncestísticas
Tenis de Mesa Gerardo - ANPA Habilidades tenísticas
Escalada Dpto. Educación Física Exercicios no Rockódromo
Cubo Rubik Juan, Rocío e Anne Retos en torno aos cubos de Rubik
Obradoiro de Henna Hiba  Maquillaxe de mans tradicional marroquí
Ambientación Musical Alumnado Dpto. Música Panxoliñas e outras pezas musicais
Espazo Flamenco Varios alumnos Escola de cante e baile Flamenco
Aliméntate Ben - Xogando coa comida Dpto. Bioloxía Xogos de cartas, Kahoots e Pasapalabra
Un Conto de Nadal Equipo Biblioteca Busca e lectura de Un conto de Nadal en diferentes idiomas.
Postais de Nadal Dpto. Francés e Relixión Elaboración de Postais de Nadal

 

 

Podes intercambiar os teus Leiros polos seguintes alimentos:

Biscoito - 1 Leiro

Macedonia - 2 Leiros

Bocata Saudable - 3 Leiros

Auga Grande - 3 Leiros

BioFrutas - 4 Leiros

Venres Musicais - Bandas Sonoras do cinema galego (02-12-2022)

 

Programa dedicado ás bandas sonoras das películas e series galegas.

Dirección: Rosa Varela
Locutores: Daniela, Ainara, Rolfy, Iago, Brais, Juan (Oratoria - 3ºB)
Control: Xabi

Venres Musicais - Musicales (25-11-2022)

Programa dedicado ao xénero musical dende o seu comezo na década dos 30 ata a actualidade.

Dirección: Nuria
Locutoras: Iria, Virginia, Mª Isabel, Daniela (3ºB e 3ºC), Nuria
Control: Xabi

Votacións Renovación Consello Escolar

Como xa vimos anunciando, esta semana terán lugar as votacións para a renovación do Consello Escolar.

No sector Familias, o mércores 23 constituirase a mesa electoral  e os representantes legais do alumnado poderán votar de 16h a 19h na Sala de Profesorado do noso centro. Tedes as papeletas coas candidaturas no curso Administración Alumnado da Aula Virtual e tamén na propia mesa o día da votación.

No sector Alumnado as votacións realizaranse o día seguinte durante o período de lecer.

Venres Musicais - Metal (18-11-2022)

Programa dedicado ás bandas actuais de metal.

Dirección: Félix
Locutores: Samuel, Alexandre, Eva, Carla, Judith, Félix, José Manuel
Control: Xabi

Campaña Mundial pola Educación

O pasado 14 de xuño varios alumnos e alumnas de diferentes cursos da ESO participaron nun obradoiro sobre ciberactivismo que tivo como parte práctica unha aplicación á Campaña Mundial pola Educación.

Esta sesión deu lugar a unha peza radiofónica que agora nos chega xa maquetada.

Moitas grazas ás ONGs EDUCO e AGARESCO por facer posible esta actividade.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut