PRESENTAZIONE -> https://www.canva.com/design/DAEr5el3Eyo/rjWQCq9f8j8-2UxLDIWEDg/view?utm_content=DAEr5el3Eyo&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=homepage_design_menu#17
Entre os días 24 e 30 de xaneiro recibiremos a visita de 10 alumnos/as e 2 profesoras do Liceo Anco Marzio de Roma no marco do programa Erasmus+. Compartirán a semana co noso alumnado de 1º de BAC e co profesorado do centro. Temos preparado un conxunto de actividades nas que animamos a participar a toda a nosa comunidade educativa. O programa é o seguinte:
Martes 24
16h: Chegada ao instituto, recepción e visita ao barrio (alumnado) e ao Lugo rural (profesorado)
Mércores 25
9h-11h: Acto de benvida no IES Leiras Pulpeiro (presentacións, música, Kahoots, almorzo)
11:30h-13:10h: Percorrido educativo polas aulas e intercambio cultural.
17h: Caza de Tesouro por Lugo
Xoves 26
8:30h: Visita á Coruña
Venres 27
8:30h: Elaboración de podcast
10h: Visita ao Museo Provincial e centro de Lugo
16h: Tarde Libre
Sábado 28
9h: Etapa do camiño Cebreiro-Triacastela
Domingo 29
Día libre coas familias.
Luns 30
8:30h: Visita a Santiago
15h: Despedida
Nas semanas previas de preparación tivemos a ocasión de comprobar a grande calidade humana e profesional do profesorado italiano responsable do intercambio. Faremos todo o posible para que sexan uns días inesquecibles cheos de aprendizaxes, compañeirismo e bos momentos.