Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Documentación

Documentación oficial do IES Lamas de Castelo

Plan de autoprotección

O Plan de Autoprotección, que ten por obxecto previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens e dar unha resposta axeitada ás posíbeis situacións de emerxencia.

 

Plan de autoprotección

Plan de Convivencia

Plan de Convivencia (actualizado a 28/10/2020)

Anexo Plan de Convivencia (actualizado a 28/10/2020)

 

Plan de Igualdade

Plan de igualdade (aprobado a 05/02/2020. Datos actualizados no curso 2020/2021)

Plan de acollida

Plan de acollida (aprobado a 30/10/2019)

Programación xeral do curso 2021/22

A Programación xeral anual axústase ao disposto no capítulo IV do Título IV do Regulamento Orgánico dos Institutos de educación secundaria e á orde do 1 de agosto de 1997 que a desenvolve.

A Programación xeral de cada ano comeza a redactarse a partir do comezo do curso e vaise completando nos prazos estabelecidos pola lei.

Coa LOMLOE (Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), os documentos da programación xeral anual son aprobados polo consello escolar do centro, sen prexuízo das competencias do claustro do profesorado en relación coa planificación e organización docente.

 

 

Proxecto Educativo do IES Lamas de Castelo

Este proxecto ten en conta as características da nosa contorna sociocultural e recolle os valores, os obxectivos e as prioridades de actuación de cada centro educativo. Responde, por tanto, ás preguntas "onde estamos?", "quen somos?", "que pretendemos?" e "como nos organizamos para conseguilo?". Así mesmo, incorpora a concreción dos currículos e o tratamento transversal nas áreas e materias da educación en valores, así como a forma de atención á diversidade do alumnado, a acción titorial e o plan de convivencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut