Programación xeral do curso 2021/22
A Programación xeral anual axústase ao disposto no capítulo IV do Título IV do Regulamento Orgánico dos Institutos de educación secundaria e á orde do 1 de agosto de 1997 que a desenvolve.
A Programación xeral de cada ano comeza a redactarse a partir do comezo do curso e vaise completando nos prazos estabelecidos pola lei.
Coa LOMLOE (Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), os documentos da programación xeral anual son aprobados polo consello escolar do centro, sen prexuízo das competencias do claustro do profesorado en relación coa planificación e organización docente.