Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Tecnoloxía

Departamento de Tecnoloxía. Curso 2021/2022.

O departamento de Tecnoloxía é un departamento unipersoal constituído polo docente Antonio Díaz Blanco.

A hora de atención a nais/pais do alumnado é os luns de 11:40h a 12:30h. Para concertar unha cita, poden avisarme a través do alumno/a ou chamando ao centro. 

As programacións didácticas para o curso 2021/2022 poden verse nos seguintes documentos adxuntos:

 

 

 

Semana do 11/05/20. Traballo para 2º ESO, 3º ESO e correccións de parte dos exercicios para 4º ESO Tecnoloxía

Aquí tedes como adxuntos na páxina. Un pouco de traballo. Por cursos:

2º ESO: É o arquivo adxunto 2eso-2.odt ó pé da páxina. Tedes un exercicio de vistas (). Como non vou a facervos debuxar vistas cun procesador de textos nin nada similar, vou a plantexar un exercicio en plan test. Tedes 6 obxectos nunha táboa na que hai que indicar as vistas para cada un. Pero esas vistas, en lugar de dibuxalas, tedes que buscalas nunha lista de 18 vistas que tedes no documento, e poñelo número que acompaña á vista na sua correspòndente casilla. Esas 18 vistas son as que se piden, polo tanto tedes que poñer eses 18 números na táboa, sen repetir ningún. O arquivo que vos mando é un arquivo en formato do procesador de textos Libreoffice Writer, pero non deberíades de ter problema si o abrides con Microsoft Offce Word. Por si acaso, se vos abre mal co Word, sempre podedes instalalo libreoffice,. que é de balde e vai xenial. O traballo a facer inclúe poñelo voso nome e apelidos no lugar correspondente e cubrila táboa. Cando acabedes gardades o documento e o enviades a meu correo ubaldoes@yahoo.es como adxunto de correo poñendo como asunto: vistas+voso nome . O prazo para facelo é ata o venres 15 de maio ás 23.59. Que vos dea un prazo tan longo non impide que no resto desta semana suba mais traballo. Que este o facedes nun pispás...

3º ESO: É o arquivo 3eso-2.odt ó pé da páxina. É o mesmo exercicio de vistas de 2º ESO, dado que as vosas vistas foron as mesmas que as de segundo. Leede por tanto a explicación do exercicio que fago para 2º e vos facedes o mesmo que eles. Así xa non repito. O prazo para facelo é ata o venres 15 de maio ás 23.59. Que vos dea un prazo tan longo non impide que no resto desta semana suba mais traballo. Que este o facedes nun pispás...

4º ESO Tecnoloxía: É o arquivo adxunto Soluciones cuarto-conversiones.pdf ó pé da páxina.É un pdf coa primeira tanda de correccións para aqueles exercicios que vos mandei. Son os exercicios de conversións entre bases. Imaxino que estes estarán xa feitos fai tempo. Non tanto os problemas de cálculo de funcións dixitais... Este é un traballo brutal para min. Xa vedes a pila de follas que van para dous exercicios. E faltan aínda os problemas famosos... Espero poder enviar xa algún esta semana. A ver como facemos cando vos pida que me mandedes algún feito... Imaxino que volo pedirei feito á man, a boli negro nun a4 blanco e que lle saquedes unha foto que se vexa e a enviedes por correo. Xa veremos.

CURSO 2019-20. TAREFAS PARA OS ALUMNOS DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA POR MOR DA SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO COVID-19

A primeira tarefa a facer por tódolos alumnos do Departamento (os que teñan medios para facelo) Tedes que enviarme un correo electrónico desde a vosa conta de correo a miña conta de traballo cos alumnos ubaldoes@yahoo.es
Ese correo deberá levar no seu asunto o voso nome completo e o curso no que estades.

¡¡Esto é IMPORTANTE!! Esa será a nosa xanela de contacto dentro destas duras xornadas de illamento.

As seguintes tarefas van como pdf adxuntos un pouco mais abaixo. cada pdf leva o nome do curso, a materia no caso de 4º ESO e un número de envío.

No caso de 2ºESO e 3º ESO, levades a temporalización dentro do documento. Vai feita en sesións, tres para segundo e dúas para terceiro. É unha temporalización semanal onde as tarefas de cada sesión están calculadas para 50 minutos de traballo (que serán menos na vosa casa porque imaxino que vades a falar moito menos e a traballar moito mais)
Non é necesario que as fagades seguindo o horario que tedes de clase no centro, pero é indispensable que fagades ese número de sesión semanais. Repito: ¡sen distraccións rematades antes dos 50 minutos seguro!

No caso de 4º ESO, tanto en Tecnoloxía como en TIC a temporalización non é esa. No caso da Tecnoloxía, dado que son actividades con bastante peso, prefiro non marcarvos o traballo por sesión, facede as tres sesións semanais pero ide facendo os problemas de dixital que algún resultaravos ben rabudo de verdade. Paciencia. En TIC seguemos coa temporalización habitual, marcando prazo de entrega por email.

Outra cousa importante para a materia de Tecnoloxía: todos debedes facer as tarefas no caderno da materia. Dado que polas características da zona sei que moitos terán problemas para manter unha política de envíos axeitada (ou simplemente non poden) e preferible, para non discriminar nin perxudicar a ningún alumno e que todos teñan as mesmas ferramentas, que todo se faga na libreta da materia. Á volta ó centro educativo (sí, agardo que algún día antes de xuño podamos volver todos) revisaranse tódalas tarefas realizadas, que deberán estar no caderno na mesma orde na que foron enviadas, e na mesma orde na que están nos documentos.
Outra cousa distinta serán os envíos que poidese haber de problemas ou similares, que é o caso de 4º ESO tecnoloxía. Enviarei solucións ós problemas e vos mesmos faceredes a vosa corrección.

TRABALLANDO NO TALLER


Construíndo un muíño (o mecanismo é un motor con reductora e unha transmisión de poleas con correa).

 Dándolle os últimos retoques!!

PROGRAMACIÓNS DE TECNOLOXÍA - CURSO 2016/2017

Nos seguintes enlaces aparecen os aspectos máis relevantes das programacións da materia de Tecnoloxía, por cursos:

AMPLIANDO COÑECEMENTOS...

Hai sen dúbida milleiros de páxinas na rede con noticias científicas e tecnolóxicas. Algunhas das máis destacadas polo feito de que nos poden axudar cos estudos son as seguintes:

Na sección de "Alumnos" podedes atopar información sobre bolsas, normativa sobre diferentes ensinanzas, lexislación, programas de idiomas, TIC, etc.,

Esta páxina é un recurso á vosa disposición do profesorado de Tecnoloxía de Galicia.

Outras páxinas relacionadas cos contidos impartidos e coa ciencia e a tecnoloxía en xeral son as seguintes:

Distribuir contido


by Dr. Radut