Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Semana do 11/05/20. Traballo para 2º ESO, 3º ESO e correccións de parte dos exercicios para 4º ESO Tecnoloxía

Aquí tedes como adxuntos na páxina. Un pouco de traballo. Por cursos:

2º ESO: É o arquivo adxunto 2eso-2.odt ó pé da páxina. Tedes un exercicio de vistas (). Como non vou a facervos debuxar vistas cun procesador de textos nin nada similar, vou a plantexar un exercicio en plan test. Tedes 6 obxectos nunha táboa na que hai que indicar as vistas para cada un. Pero esas vistas, en lugar de dibuxalas, tedes que buscalas nunha lista de 18 vistas que tedes no documento, e poñelo número que acompaña á vista na sua correspòndente casilla. Esas 18 vistas son as que se piden, polo tanto tedes que poñer eses 18 números na táboa, sen repetir ningún. O arquivo que vos mando é un arquivo en formato do procesador de textos Libreoffice Writer, pero non deberíades de ter problema si o abrides con Microsoft Offce Word. Por si acaso, se vos abre mal co Word, sempre podedes instalalo libreoffice,. que é de balde e vai xenial. O traballo a facer inclúe poñelo voso nome e apelidos no lugar correspondente e cubrila táboa. Cando acabedes gardades o documento e o enviades a meu correo ubaldoes@yahoo.es como adxunto de correo poñendo como asunto: vistas+voso nome . O prazo para facelo é ata o venres 15 de maio ás 23.59. Que vos dea un prazo tan longo non impide que no resto desta semana suba mais traballo. Que este o facedes nun pispás...

3º ESO: É o arquivo 3eso-2.odt ó pé da páxina. É o mesmo exercicio de vistas de 2º ESO, dado que as vosas vistas foron as mesmas que as de segundo. Leede por tanto a explicación do exercicio que fago para 2º e vos facedes o mesmo que eles. Así xa non repito. O prazo para facelo é ata o venres 15 de maio ás 23.59. Que vos dea un prazo tan longo non impide que no resto desta semana suba mais traballo. Que este o facedes nun pispás...

4º ESO Tecnoloxía: É o arquivo adxunto Soluciones cuarto-conversiones.pdf ó pé da páxina.É un pdf coa primeira tanda de correccións para aqueles exercicios que vos mandei. Son os exercicios de conversións entre bases. Imaxino que estes estarán xa feitos fai tempo. Non tanto os problemas de cálculo de funcións dixitais... Este é un traballo brutal para min. Xa vedes a pila de follas que van para dous exercicios. E faltan aínda os problemas famosos... Espero poder enviar xa algún esta semana. A ver como facemos cando vos pida que me mandedes algún feito... Imaxino que volo pedirei feito á man, a boli negro nun a4 blanco e que lle saquedes unha foto que se vexa e a enviedes por correo. Xa veremos.

AdxuntoTamaño
2eso-2.odt362.79 KB
3eso-2.odt362.78 KB
Soluciones cuarto-conversiones.pdf100.14 KB


book | by Dr. Radut