ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO PARA A ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (DOG do 30 de setembro de 2022) realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:
- O director ou directora do centro
- Un profesor ou profesora
- Un pai ou nai ou titor ou titora legal
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme establece na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 28 de outubro, venres, ás 11.30 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.