ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES LAMAS DE CASTELO 2021
ANUNCIO DO INICIO DO PROCESO DE ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES LAMAS DE CASTELO
A resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional establece o calendario para a celebración de eleccións dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar dos centros educativos, que correspondía celebrar no curso 2020/21 e que foron aprazadas. Porén, os nomeamentos serán ao sumo por tres anos.
As eleccións dos representantes dos sectores da comunidade educativa que cómpre renovar (profesorado, alumnado, pais/nais ou titores) celebraranse entre os días 22 e 26 de novembro, ambos os dous incluídos. A data exacta será decidida pola Xunta Electoral, que se constituirá entre o 2 e o 5 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos.
Durante todo este procedemento respectaranse as medidas de prevención e hixiene recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario para o curso 2021/22, ou calquera outra medida establecida para os centros educativos.
As convocatorias e o resto da información, agás os censos aparecerán na páxina web do instituto.