Neste primeiro curso de inglés no instituto o estudo deste idioma comeza a ser máis serio. Ademais de afianzar as áreas léxicas xa estudadas na primaria (obxectos da aula, números, meses, comida, deportes, etc.) e de fundamentar a gramática (have got, there is/are, can, must, etc.), practícanse os temas habituais da comunicación básica en lingua inglesa. Cada semana hai catro horas de clase; unha delas é de conversa, en dous subgrupos, isto é, un grupo ten conversa e o outro actividades escritas.
Profesores: Roberto Rey; Natalia Peón García (conversa)
Libro de exercicios Teamwork 1 (Workbook) ISBN: 9789925305094
Libro de lectura: Non hai