Inglés 2º ESO
Este curso comeza cun repaso extenso do visto no curso anterior, pois os alicerces han de ser firmes se se quere aprender ben. Vense máis áreas léxicas, todas ligadas ás experiencias cotiás, e oracións máis complexas, que inclúen conectores lóxicos e tempos verbais do pasado e o futuro. Cada semana hai catro horas de clase; unha delas é de conversa, en dous subgrupos, isto é, un grupo ten conversa e o outro actividades escritas.
Profesores: Natalia Peón García; Roberto Rey (conversa)
Libro de exercicios Teamwork 2 (Workbook) ISBN: 9789925304639
Libro de lectura: A Ghost Collection (Burlington Books) ISBN 9789963475476