Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




A COLABORACIÓN FAMILIA-ESCOLA NO PROCESO FORMATIVO

Como consecuencia dos cambios propios do alumnado nesta etapa educativa (físicos, socioafectivos, psíquicos...) é fundamental comprensión e diálogo a través de canles axeitados de comunicación. Neste sentido familia e escola deben fomentar actitudes, valores e hábitos que axuden aos rapaces/as a mellorar o seu crecemento persoal e as súas relacións cos demais:

 

 

ACTITUDES

É importante desenvolver Actitudes positivas que faciliten a comunicación como:

* ACTITUDE DE ESCOITA (proporcionar un modelo de actitude positiva a imitar por canto axuda a sentirse queridos e aceptados como persoa, motívaos a seguir comunidando, permite analizar e buscar solucións aos problemas e mellorar as relacións na familia e coas demais persoas e, practicando esta actitude, mellora o seu nivel de atención)

* ACTITUDE REFLEXIVA (axudar a pensar sobre os seus actos e a aprender dos propios erros e fracasos).

VALORES

Débense ensinar valores como RESPECTO, TOLERANCIA, IGUALDADE, RESPONSABILIDADE, ESFORZO PERSOAL... por canto contribúen á súa formación como suxeitos maduros e responsables (satisfacer tódolos seus caprichos e disculpar os seus erros non axudará a súa formación persoal e social)

HÁBITOS

Practicar hábitos saudables como:

* DESCANSO NECESARIO (durmir suficientemente e proporcionarlles unha distribución axeitada do tempo de estudio e de ocio).

* ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA (importancia do almorzo e/ou tomar algún alimento no recreo para mellorar o rendemento ao longo da xornada escolar, cea lixeira para facilitar o sono...)

* Supervisión dunha axeitada HIXIENE diaria, dados os cambios propios destas idades.

* Práctica dalgunha ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA moderada.

* COIDAR O ESPACIO E PLANIFICAR O TEMPO adicado ó TRABALLO RESPONSABLE E AUTÓNOMO (tódolos días teñen que revisar na casa o traballo realizado na escola, así mesmo facer axeitado uso das axudas educativas fóra da escola, por canto non sustitúen o proceso de autoaprendizaxe do alumno)

  • É fundamental MOTIVACIÓN E A VALORACIÓN DO ESFORZO PERSOAL por pequenos que nos parezan os logros acadados.



book | by Dr. Radut