Como consecuencia dos cambios propios do alumnado nesta etapa educativa (físicos, socioafectivos, psíquicos...) é fundamental comprensión e diálogo a través de canles axeitados de comunicación. Neste sentido familia e escola deben fomentar actitudes, valores e hábitos que axuden aos rapaces/as a mellorar o seu crecemento persoal e as súas relacións cos demais:
ACTITUDES |
---|
É importante desenvolver Actitudes positivas que faciliten a comunicación como: * ACTITUDE DE ESCOITA (proporcionar un modelo de actitude positiva a imitar por canto axuda a sentirse queridos e aceptados como persoa, motívaos a seguir comunidando, permite analizar e buscar solucións aos problemas e mellorar as relacións na familia e coas demais persoas e, practicando esta actitude, mellora o seu nivel de atención) * ACTITUDE REFLEXIVA (axudar a pensar sobre os seus actos e a aprender dos propios erros e fracasos). |
VALORES |
Débense ensinar valores como RESPECTO, TOLERANCIA, IGUALDADE, RESPONSABILIDADE, ESFORZO PERSOAL... por canto contribúen á súa formación como suxeitos maduros e responsables (satisfacer tódolos seus caprichos e disculpar os seus erros non axudará a súa formación persoal e social) |
HÁBITOS |
Practicar hábitos saudables como: * DESCANSO NECESARIO (durmir suficientemente e proporcionarlles unha distribución axeitada do tempo de estudio e de ocio). * ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA (importancia do almorzo e/ou tomar algún alimento no recreo para mellorar o rendemento ao longo da xornada escolar, cea lixeira para facilitar o sono...) * Supervisión dunha axeitada HIXIENE diaria, dados os cambios propios destas idades. * Práctica dalgunha ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA moderada. * COIDAR O ESPACIO E PLANIFICAR O TEMPO adicado ó TRABALLO RESPONSABLE E AUTÓNOMO (tódolos días teñen que revisar na casa o traballo realizado na escola, así mesmo facer axeitado uso das axudas educativas fóra da escola, por canto non sustitúen o proceso de autoaprendizaxe do alumno)
|