Novembro: Día Internacional contra o acoso escolar
Día internacional contra a violencia e o acoso na escola, incluído o ciberacoso
A violencia e o acoso escolar, incluído o ciberacoso, son frecuentes e afectan a numerosos nenos e adolescentes.
- Os Estados Membros da UNESCO designan o primeiro xoves de novembro de cada ano como Día Internacional contra a Violencia e o Acoso na Escola, incluído o Ciberacoso, recoñecendo así que a violencia no entorno escolar baixo todas as súas formas atenta contra os dereitos dos nenos e os adolescentes, a saúde e o benestar. A UNESCO fai un chamamento aos Estados Membros, asociados das Nacións Unidas, outras organizacións internacionais e rexionais e tamén á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais, as persoas e outras partes interesadas a colaborar na promoción, organización e celebración deste día internacional.
Dende a materia de francés, celebramos por vez primeira esta data arredor do xoves, 4 de novembro de 2021: 4Nov21-FR1º 4Nov21-FR2º 4Nov21-FR3º
E tamén dende algunha titoría: Titoría de 1º
Enlaces de interese na rede:
- Imaxes contra o acoso da UNESCO para usar en redes (Trello)
- Web da campaña contra o acoso escolar do Ministerio de Educación francés: "Non Au Harcèlement" #NAH
- Pdf informativo creado pola coordinadora de Biblioteca Escolar (Novembro 2022)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Día Acoso Escolar'21-Titoría 1º.pdf | 327.61 KB |
Biblioteca Escolar-información sobre o acoso escolar-nov22.pdf | 367.18 KB |