A Torre dos Mouros en banda deseñada
Iniciamos unha nova sección do espazo da biblioteca para dar a coñecer novas de interese, sexan de carácter local ou xeral.
Acabamos de coñecer as dúas primeiras páxinas dunha historia de banda deseñada que tratan sobre a Torre dos Mouros, un novo xacemento arqueolóxico que se atopa en Lira. Ao longo da primavera e verán pasados un grupo de arqueólogos e moitos voluntarios estiveron traballando para poñer en valor este lugar e tratar de interpretalo.
O debuxante Manel Cráneo presenta as dúas primeiras páxinas desta historia que será publicada en Demo Editorial e coa que poderemos saber máis sobre este achado. Como sabedes, contamos con algunhas das súas obras na biblioteca e cando esta estea rematada e publicada tamén formará parte dos nosos fondos. Agardamos ansiosamente a súa publicación.