Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas de interese

A literatura chora...

...Bágoas de tinta

Sépulcre Arc-en-Barrois 111008 12.jpg

Durante estes tempos de confinamento, varios foron os persoeiros relacionados coa lectura que nos deixaron, por un motivo ou outro. A todos eles queremos renderlles dende aquí a nosa máis sentida homenaxe e adeus. Quedamos coa súa obra para recordalos sempre...

Albert Uderzo 2012.jpg

24 marzo 2020 : Albert Uderzo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Expurgación de material: curso 2019-20

Listaxe de material expurgado. Curso 2019-20

 

O seguinte material está sendo expurgado da biblioteca escolar, e do noso centro, por non reunir as características mínimas para ser utilizable pola nosa comunidade lectora.

Decidimos elaborar esta lista, e publicala para que aquelas bibliotecas ou entidades interesadas poidan «adoptar» algúns ou todos estes materiais, e a data de hoxe, temos o seguinte:

Velaquí unha ligazón ao documento realizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares sobre a expurgación dos fondos.

  • Libros previamente rexistrados e carimbados:

Rex.

Datos do libro

Estado

Observacións

R1653

Álvarez Sousa, Antón : Os incendios forestais. Análise sociolóxica do sector forestal galego. Xerais, 1992

Novo

 

R7076

Maathai, Wangari : Cosechar agua de lluvia. Expoagua Zaragoza, 2008

Novo

Ed. trilingüe (cast., ingl., fr.)

R7075

Menchú, Rigoberta: Agua y humanidad, una existencia recíproca. Expoagua Zaragoza, 2008

Novo

Ed. trilingüe (cast., ingl., fr.)

R7077

George, Susan : Agua y desarrollo sostenible. Expoagua Zaragoza, 2008

Novo

Ed. trilingüe (cast., ingl., fr.)

R7078

Shiva, Vandana : El agua y la biodiversidad de la tierra. Expoagua Zaragoza, 2008

Novo

Ed. trilingüe (cast., ingl., fr.)

R720

I certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas. Dep. da Coruña, 1998

Novo

 

R83

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo : Palos, fajas y jaqueles. La fusión de armerías en Galicia durante los siglos XIII al XVI. Excma. Dip. Provincial de Lugo, 1996

Novo

 

R5123

Varela Díaz, Ramón [et al.] :Os resíduos na Galiza. Impacto ambiental e alternativas de tratamento. Baía eds., 1994

Semi novo

 

R 756

Mariño, Xoán : Patrimonio histórico-artístico de Outes. Apoio ó ensino do Coñecemento do Medio. Tórculo eds., 1998

Novo

 

R3740

A comunidade xitana en Galicia, 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002

Coma novo

 

R1891

Fernández del Riego, F. : As peregrinacións xacobeas. Ed. Galaxia, 1995

Coma novo

Col. Biblioteca da Cultura Galega, nº10

R309

López Rubín, Pedro : San Eufrasio. Varón Apostólico. 3ª ed. Dip. Prov. De Lugo, 1994

Novo

 

R1657

Fdez. Prieto, Lourenzo : Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939. Ed. Xerais, 1992

Novo

 

R9075

Pérez Alonso, Esteban : Tráfico de persoas e inmigración clandestina (Un estudio sociológico internacional y jurídico-penal). Ed. Tirant lo Blanch. Valencia, 2008

Novo

 

  • Libros non rexistrados:

Carimbo?

Datos do libro

Estado

Observacións

Non

Quéimase todo o escrito. IV Concurso escolar de poesía. Padrón 2016

Novo

Doazón – 2 exemplares

Non

Miguelanxo Prado : Imaxes encadeadas. Resposta do Académico Ilmo. Sr. D. Xurxo Lobato. Real Academia Galega de Belas Artes, 2009.

Novo

Doazón

Non

Carbajo, Tono : Escenas, cadrados negros e outros enlaces. Xunta de Galicia, 2006

Novo

Doazón do CGAC

NOTA: A publicación desta lista é para facilitar a "adopción" dun ou de máis exemplares, e así salvalas do contenedor da reciclaxe. Non dubidedes en pedirnos o que vos apeteza!!

 

Agustín Fernández Paz, na memoria

O 12 de xullo de 2016 morreu outro dos nosos autores máis lidos e queridos, Agustín Fernández Paz.

Desde que se coñeceu a mala nova, a prensa e as redes sociais foron un fervedoiro de choros, homenaxes e recoñecementos ao autor. Nós queremos sumarnos con esta breve anotacion na nosa páxina, pois é moito moito o que nos leva dado. Graciñas por tanto, Agustín Fernández Paz.

Se queredes ler algunhas das despedidas, aquí.

Se queredes escoitalo, neste vídeo que gravou para as bibliotecas escolares (en concreto, para os clubes de lectura).

Se queredes consultar a súa vida e obra, na súa propia páxina.

Se queredes ver que obras súas temos, aquí.

Fóisenos Xosé Neira Vilas

O venres 27 de novembro de 2015 durante a nosa xornada escolar marchou coa súa maleta o último dos clásicos vivos (Xosé Neira Vilas), sen avisar, e coa súa marcha todos nos sentimos un tanto orfos.

Xosé Neira Vilas –Pepe para os amigos- foi, é e será recordado por moitas facetas pero nós queremos destacar, desde esta biblioteca escolar, que el foi o que lle deu voz e dignidade aos nenos e ás nenas, á aldea, aos labregos e á nosa lingua, lingua que fixo grande e internacional. As vivencias e os pensamentos do seu Balbino (protagonista de Memorias dun neno labrego) andan polo mundo adiante e son lidas e queridas por nenos e adultos de diversas latitudes e falas que se ven reflectidos neste neno:

Eu son … Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”.

Balbino, Lelo, Toño, Moncho, Tamboril, Tomás… seguiremos lendo as vosas historias, esas que con tanto agarimo creou o voso “pai” para todos nós e todas escritas na nosa lingua.

 Xosé Neira Vilas e a súa muller Anisia Miranda, dous autores que tanto traballaron cos nenos e para os nenos, tanto nas súas obras literarias coma na Fundación Xosé Neira Vilas e na biblioteca pública de Gres, sempre estiveron presentes na nosa biblioteca, nas lecturas do noso alumnado e tamén en ocasións moi especiais como na actividade Salvando libros, nos 50 anos das Memorias dun neno labrego, na morte de Anisia...

A noticia da súa morte foi cabeceira de moitas portadas da prensa ao longo de toda a fin de semana (Praza pública, Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Pais e tamén na CRTVG. Tamén foi moi seguida en Internet en distintas redes sociais e segue a selo en blogues particulares e de editoriais, asociacións culturais, centros de ensino e bibliotecas escolares onde todos queren deixar a súa testemuña e agradecerlle o seu traballo. Mesmo o fan dous humoristas gráficos, Xosé Lois "O Carrabouxo" e Luis Davila.

Algunhas obras de Neira Vilas no noso catálogo

 

Programa de radio: O alumnado do ámbito sociolingüístico de 4º PDC elaborou un programa especial de "O son da biblioteca" (OSDB)  sobre Xosé Neira Vilas que foi emitido na radio do noso centro, Radio Areal 7, o mércores 2 de decembro. Podedes descargalo e escoitalo aquí.
 

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Unha das nosas escritoras máis activas no panorama da literatura infantil e xuvenil da actualidade é Ledicia Costas e é noticia nestes días (principios de outubro de 2015) porque acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, premio que se concede no Estado español e que, por quinta vez, recae nun título escrito en galego, neste caso a novela Escarlatina, a cociñeira defunta. Este premio vén sumarse a moitos outros que xa lle foran concedidos a este libro: Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014, Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014, Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.

Será unha casualidade que este libro leve tantos premios ou é que realmente os merece? Se non o liches aínda, estás tardando... Animádevos a lelo ou outras das súas obras que vos han gustar; algunhas témolas na biblioteca: Escarlatina, a cociñeira defunta; O corazón de Xúpiter; Xardín de inverno e Recinto gris.

Queres ser axudante de biblioteca?

Un ano máis, este é o oitavo, seguimos incorporados no Plan de Mellora da Biblioteca Escolar (PLAMBE) e queremos que sigades participando e implicándovos nela.

O equipo de biblioteca (Mariluz, Susana e Renée) precísavos para que botedes unha man, polo que estamos buscando  axudantes entre o alumnado.

Se vos interesa, pasade pola biblioteca nos recreos a informarvos e a cubrir a solicitude. Agardámosvos!!!

Chegou a Revista OINK!, a Revista do Xabarín Club

Acaban de chegarnos varios números da Revista Oink!, Revista do Xabarín Club, o xabarín máis famoso de Galicia, ao que todos coñecedes pola TVG.

Agora podedes ler as súas historias e ver o traballo de moitos creadores de banda deseñada en cada un dos números. Tedes varios exemplares no revisteiro da cafetaría e tamén na biblioteca.

Campaña para celebrar o Día do Libro: #EnGalegoLeo

Varios colectivos propoñen unha campaña de animación á lectura en galego: #EnGalegoLeo. Animádevos a participar mañá, para celebrarmos o Día do Libro, con lecturas en galego.

Axudantes de biblioteca... de estrea

Pechado o prazo para presentar as solicitudes e valoradas as mesmas, os AXUDANTES DE BIBLIOTECA están de estrea nesta primeira semana de novembro. Graciñas a todas as persoas que se ofreceron, algunhas das cales quedan en reserva.

Tedes aquí a listaxe coas quendas de cadaquén.

Queres ser axudante de biblioteca?

Un ano máis, este é o quinto, seguimos incorporados no Plan de Mellora da Biblioteca Escolar (PLAMBE) e queremos que sigades participando e implicándovos nela.

O equipo de biblioteca neste curso dispón de menos horas ca noutros cursos e, para que nos botedes unha man, estamos buscando 5 axudantes entre o alumnado.

Se vos interesa, pasade pola biblioteca nos recreos a informarvos e a cubrir a solicitude. Agardámosvos!!!

Tedes máis información no arquivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut