slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Recunchos do Lamas

Concurso novo logo da Biblio do Lamas

E pulsando na imaxe podes visitar xa o novo Instagram  da Biblio

Concerto Didáctico

O próximo 25 de outubro o alumnado da materia de Música de 1º e 2º de Bacharelato e 4º da Eso, asistirán ao Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia con Paul Daniel como director e para escoitar a Sinfonía nº1 en sol menor de Chaikovski coñecida como "Sonos de inverno"

O horario da actividade irá de 10:20 a 12:30 da mañá 

Outro capítulo nas movilizacións das VALEDORAS DO PLANETA do Lamas

O pasado venres 27 de setembro foi unha data histórica no Lamas. No marco das habituais actividades do movemento "Valedoras do Planeta" organizado pola materia de Climántica, alumnado e profesorado participou activamente na defensa do Planeta Terra uníndose coas demandas dos FRIDAYS FOR FUTURE da activista Greta Thunberg.

Compartimos fotos e álbum da actividade na que, por motivos evidentes, a cor predominante foi a verde 

Profesorado F4F

 

 

Excelencia despois da Docencia

Despois dun longo día de clases hai un pequeno grupo de alumnado e profesorado do IES Lamas de Abade que ten optado voluntariamente por permanecer no Instituto e seguir afondando nos coñecementos.

O alumnado e profesorado do Stembach ten establecido as súas sesións os martes pola tarde unha vez rematada a docencia diaria. As sesións comezaron a pasada semana tal e como xa anunciamos na web e hoxe terá lugar a segunda xornada na que afondarán sobre a importancia dos xogos na aprendizaxe das matemáticas, tecnoloxía, física, química, historia, xeografía... Quede constancia da profunda admiración polo voso esforzo e tamén polo sacrificio de todos os que axudan a desenvolver as actividades extraescolares da nosa Comunidade Educativa

Stembach no Lamas de Abade

O curso anterior remataba con varias novas sobre innovación educativa no Centro e resultados académicos óptimos nas probas ABAU.

Por iso queremos comezar o novo curso académico tamén con novas importantes sobre a calidade da formación no IES Lamas de Abade ao resultar elixido como un dos 30 Institutos de Galicia nos que este ano será impartida docencia do Bacharelato STEM (Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía). 

As actividades comezan este serán baixo a dirección de Roberto Noya (Profesor de Tecnoloxía) e Francisco Pérez Carrasco (Profesor de Filosofía). Informaremos sobre a evolución da experiencia.

Calendario Inicio Curso 2019-2020

IES de Lamas: 9º posto entre os Centros de Galicia e 2º de Santiago nas ABAU de xuño de 2019

Nos últimos días veñen aparecendo en prensa múltiples artigos nos que o Lamas de Abade ten motivos para ter unha boa opinión de si mesmo. Compartimos varios Links nos que podedes comprobar a importancia dos resultados acadados polo noso alumnado nas probas de ABAU deste mes de xuño que teñen disposto ao Lamas no 9º posto da clasificación de centros de Galicia e no 2º posto entre os de Santiago

 

  

Recoñecemento Mellores Expedientes e parabéns para o noso alumnado das ABAU-xuño 2019

 

Diante dunha multitude de asistentes e autoridades políticas e académicas vén de realizarse no día de hoxe o acto no que a Universidade homenaxea cada ano aos mellores expedientes do Ensino Medio de Galicia.

Oscar Aldrey e Laura Fraga foron os seleccionados que cumpriron os esixentes requisitos para representar ao IES Lamas de Abade neste acto. Unha representación da directiva do IES de Lamas estivo tamén con eles e as súas familias no “Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia” recibindo tan importante homenaxe e recoñecemento.

E precisamente con motivo deste acto, dende o Instituto, tamén queremos deixar constancia da enorme ledicia que temos sentido ante as cualificacións acadadas por todo o alumnado do Lamas presente na recente convocatoria das probas de ABAU. A porcentaxe do 100% de aprobados e as altas cualificacións (con resultados que practicamente en todos os casos acadan o notable como mínimo) son motivo de inmensa ledicia. Óscar e Laura teñen posto hoxe culminación aos esforzos desenvolvidos na formación de todo este alumnado durante tantos anos. Parabéns por suposto para o alumnado, pero tamén para as familias, profesorado, persoal e, en xeral, para todos os que formamos parte desta pequena comunidade escolar de Ensino Medio no noso Instituto.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer