INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Recoñecemento Mellores Expedientes e parabéns para o noso alumnado das ABAU-xuño 2019

 

Diante dunha multitude de asistentes e autoridades políticas e académicas vén de realizarse no día de hoxe o acto no que a Universidade homenaxea cada ano aos mellores expedientes do Ensino Medio de Galicia.

Oscar Aldrey e Laura Fraga foron os seleccionados que cumpriron os esixentes requisitos para representar ao IES Lamas de Abade neste acto. Unha representación da directiva do IES de Lamas estivo tamén con eles e as súas familias no “Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia” recibindo tan importante homenaxe e recoñecemento.

E precisamente con motivo deste acto, dende o Instituto, tamén queremos deixar constancia da enorme ledicia que temos sentido ante as cualificacións acadadas por todo o alumnado do Lamas presente na recente convocatoria das probas de ABAU. A porcentaxe do 100% de aprobados e as altas cualificacións (con resultados que practicamente en todos os casos acadan o notable como mínimo) son motivo de inmensa ledicia. Óscar e Laura teñen posto hoxe culminación aos esforzos desenvolvidos na formación de todo este alumnado durante tantos anos. Parabéns por suposto para o alumnado, pero tamén para as familias, profesorado, persoal e, en xeral, para todos os que formamos parte desta pequena comunidade escolar de Ensino Medio no noso Instituto.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer