slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Medalla de Bronce no Spainskills

Unha vez coñecidos os resultados finais do Spainskills 2019, a nosa representante Iria Díaz ten acadado a medalla de Bronce. Non está nada mal contar entre o alumnado do IES Lamas de Abade coa terceira mellor de España do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Parabéns enormes polo logro e polo traballo e constancia na preparación durante todo o curso. 

 Tamén podedes ver as medallas de toda a representación galega nos Spainskills neste link da Xunta:

Álbum de Fotos do Campionato

Spainskills 2019

Comezan hoxe en Madrid os Spainskills 2019. A Ministra de Educación e Formación Profesional Isabel Celaá inaugurou este martes as Olimpíadas de Formación Profesional nas que o Lamas de Abade está representado pola alumna Iria Díaz Granja na "Modalidade de Servizos" en relación co Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Precisamente Iria ten sido a abandeirada da Delegación Galega nestes campionatos dos que, se queredes, podedes ver o álbum de fotografías que completaremos ao longo destes días,

Durante toda esta semana e ata o sábado 30 de marzo desenvolveranse as distintas competicións nas que desexamos toda a sorte do mundo para a nosa representante e o equipo que ten axudado na súa preparación e titoría.

Se queredes seguir o evento podedes pulsar neste LINK para visitar a páxina oficial e incluso poder visionar os vídeos e retransmisións en directo. Moitísima sorte e que se repita o éxito do Galiciaskills!!!!.

Micropigmentación hiperrealista de cejas en 3d

Dende Imaxe Persoal, en relación co obradoiro de Formación en Depilación Láser do que deixamos referencia esta semana na web, fan fincapé noutras actividades complementarias desenvolvidas no Módulo de Micropigmentación do CS de Estética Integral e Benestar como, por exemplo, a "masterclass" recibida no curso anterior e impartida polo equipo da "Clínica de Medicina Estética Yolanda Albelda" sobre a técnica de "Micropigmentación Hiperrealista de Cejas en 3D".

Precisamente nesta actividade foi onde o noso alumnado tivo o pracer de recibir as ensinanzas do obradoiro impartidas por Belén Estévez, unha das responsables do curso e profesional moi considerada a nivel internacional que está directamente relacionada co IES Lamas de Abade por ser unha das nosas ex-alumnas da promoción do 2015.

Deixamos Link coa nova do xornal "El Correo Gallego" e co álbum de fotografías que comparten con todos os que vos acercades pola web

Viaxe Formativa Hidrotermal

No día 26 de marzo o 2º curso do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar realizará durante toda a xornada unha viaxe por diferentes establecementos de Terapia Hidrotermal entre os que destacan o Talaso de Sanxenxo, o Spa Juan Carlos I, o Spa Augusta Resort e o Balneario Isla de La Toja.

O profesorado implicado na actividade: Asunción Crespo, Alberto García e Isabel Rodríguez

    

Formación en Depilación Laser con Triphfase

Recuperamos tamén outras novas que quedaran no caixón e que deben ter o seu recoñecemento público na nosa web:

O luns 18 de marzo o alumnado do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar do Lamas de Abade puido contemplar en directo unha demostración didáctica para aprender a manexar o láser « triphase».

O Obradoiro tivo lugar nas instalacións de DRV e está a complementarse coa realización de prácticas no propio centro coa colaboración da empresa. En nome da profesora do grupo Mercedes Sáenz manifestar o agradecemento pola eficacia e amabilidade das persoas que colaboraron con esta formación, tanto por parte de  DRV como de  Depilclub.

Deixamos Link do álbum de fotografías do Obradoiro 

Premios Literarios Arcebispo Juan de San Clemente

 Durante o mércores 20 e o xoves 21 de marzo fíxose entrega dos Premios Literarios Arcebispo Juan de San Clemente.

Escollidos por representantes de varios Institutos os galardoados foron: 

  • “O Xardineiro dos ingleses” de Marcos Calveiro en Lingua Galega
  • “La Vegetariana” de Han Kang en Lingua estranxeira
  • “La Uruguaya” de Pedro Mairal en Lengua Castellana

Unha selección do alumnado de 4º Eso e 1º de Bacharelato do IES de Lamas ten participado na actividade dos Premios San Clemente previa lectura dos libros premiados.

No caso de Sergio Blanco Iglesias (4ºB) e Xiana Villaverde Munín (1º Bach) puideron participar no coloquio cos autores premiados.

O alumnado puido participar no acto de entrega de premios do mércores (19:00 horas) e nos coloquios cos autores premiados. Pero tamén houbo intres máis lúdicos como a participación dunha representación de alumnado e profesorado do noso Instituto na cea de gala dos Premios. Podedes gozar das imaxes deste prestixioso certame no seguinte álbum de fotografías.

 

Fin de Curso en Amsterdam (viaxe 4º ESO)

E seguindo co bo costume o alumnado de 4º da ESO tamén comparte o enderezo do blog no que contan as aventuras da súa viaxe de fin de curso en Amsterdam. Pulsade na foto para seguir as novidades e entrade nos diversos apartados da viaxe:

Un día de Museos Científicos

O alumno Sergio Rodríguez de 3º A comparte coa web a crónica da visita aos museos científicos coruñeses do pasado 10 de marzo:

"Un día de museos científicos".

               O día 14 de Marzo fomos de excursión o alumnado de 2º e 3º da ESO. Os sitios a visitar foron primeiro a Domus, a Casa do Home, onde asistimos a un obradoiro de disección e onde nos explicaron algunhas das partes e características do corazón, para que despois, na disección soubéramos algo máis. Nese obradoiro podemos observar a incrible resistencia das válvulas e máis detalladamente as partes e os tecidos do corazón. Cando rematamos o obradoiro deixáronnos tempo libre para visitar o museo, e o que máis me chamou a atención foi a capacidade do ser humano para colaborar incluso coa xente que non che cae ben, para superar un xogo de reflexos.

              

Blog do "Abade London Trip"

Os grupos de 3º da ESO comparten o seu blog da viaxe a Londres. Podemos seguir a viaxe case "en directo" pulsando na imaxe ou no enderezo:

https://abadelondontrip.wordpress.com/

Parabéns pola iniciativa.

    

Visita Fábrica de Cosméticos Iuvenor/Balenario de Partovia

      

O profesorado dos módulos de Cosmetoloxía e de Técnicas Hidrotermais teñen programado para o 15 de marzo unha actividade para visitar a Fábrica de Cosméticos Iuvenor e o Balneario de Partovia durante toda a mañá (9:00 a 14:00)

Os afortunados que gozarán da actividade son os seguintes Ciclos:

1º e 2º do CS de Estética Integral e Benestar

2º do CM Estética e Beleza

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer