IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL
A cuarta charla das IV xornadas do Departamento de FOL, tivo de título Conflitos laborais: resolución.
Para impartila contamos con Xavier Castro, abogado laboralista con máis de 4000 casos defendidos, e unha ampla experiencia en temas laborais.
Na conferencia o noso alumnado puido coñecer de primeira man como se desenvolve un xuízo, e aproximarse a realidade a través de algúns exemplos prácticos.
Consideramos importante que os rapaces comproben que todo o que aprenden no módulo de FOL está intimamente ligado a realidade laboral e o seu futuro profesional.
IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL
Nestas terceiras xornadas acollemos unha conferencia de especial interese para o alumnado de sanidade sobre a problemática no acceso ás profesións sanitarias.
As delegadas de CIG saúde, explicaron dun xeito moi claro e educativo, todos os requisitos de acceso as listas de contratación do Sergas, o xeito de anotarse, os cursos que puntúan etc.
Por todos os que teñen relación con esta familia profesional de sanidade, é sabido da complexidade e a importancia que ten coñecer ben o sistema de elaboración de listaxes para o sector público.
Dende logo podemos dicir, que foi unha charla do máis produtiva para o noso alumnado, e que saíron encantados dela.
O pasado venres 24 de febreiro o alumnado de 4º da ESO participou nunha conferencia organizada pola Biblioteca en colaboración co xornal La Voz de Galicia sobre o papel da muller no ámbito científico e tecnolóxico. Pilar Mazón, cardióloga, profesora universitaria e Xefa da Sección de Cardioloxía do CHUS estivo compartindo co noso alumnado a súa experiencia como muller traballadora nun ámbito científico tan esixente.
A actividade foi gravada polas cámaras do xornal "La voz de Galicia" para poder visionala con posterioridade na web. En canto teñamos o link colgarémolo para que poidades disfrutar desta marabillosa Charla.
Alumnado de 2º eso A e de música de 4º eso asistiron no Auditorio de Galicia o venres 24 ao concerto didáctico "Música e evolución" presentado por Pablo Carpinteiro.
“Traducir es producir con medios diferentes efectos análogos”
Paul Valéry
O pasado 24 de novembroun grupo de 5 alumnas de 2º Bacharelato (Xiana Andrade, Iria Estévez, Candela Porto, Noa Taibo e Antía Tejo) participaron no concurso organizado pola Comisión Europea que leva por título “Juvenes Translatores” e que este ano versou sobre a temática “European Youth”.
Despois da avaliación por parte dun grupo de profesionais da tradución e da revisión da DG Tradución das traducións dos alumnos e alumnas que participaron no concurso (2883 en todos os idiomas), un xurado presidido polo director xeral da DG Tradución elixe a mellor tradución de cada Estado membro. Segundo recoñeceu a comisión avaliadora, esta tarefa foi todo un desafío, pois o equipo avaliador atopouse con textos excelentemente traducidos tanto pola súa precisión como pola creatividade da solucións. Lamentablemente, tan só podía haber un gañador ou gañadora e, aínda que este/a non foi ningunha das nosas participantes, Antía Tejo resultou galardoada cunha Mención Especial, o que da conta do alto nivel que os/as xuíces avaliadores das traducións viron no seu texto.
Todo o departamento de Inglés así como o claustro de profesores comprácese en felicitar ao grupo de alumnas por asumir este reto sen dubidar un segundo e a Antía por acadar este logro que nos da folgos para o ano que ven poder facernos coa praza gañadora. Noraboa a todas, participar xa foi un éxito!
IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL
No segundo día de xornadas organizadas polo departamento de FOL, o noso alumnado tivo a sorte de realizar unhas xornadas prácticas de primeiros auxilios, que foron impartidas polos seus compañeiros do ciclo medio de emerxencias sanitarias, encabezados polo seu profesor Aleixo Vilas.
Nesta ocasión, practicaron distintas técnicas de primeiros auxilios, coma son a maniobra de Heimlich, a posición lateral de seguridade e a RCP.
Temos que agradecer o noso alumnado voluntario de emerxencias e o seu profesor por estas xornadas tan proveitosas e prácticas.
IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL
No eido das IV Xornadas de Orientación Laboral, organizadas polo departamento de FOL do noso centro, tivemos a sorte de contar coa conferenciante Dona Noelia Estévez Rionegro, profesora da USC, que nos deu unha charla titulada: Discurso Publicitario.
Nesta conferencia, o noso alumnado puido achegarse a linguaxe no mundo publicitario, e constatar a continua presenza de estereotipos, dos que normalmente non nos percatamos, e que amosan como dende moi novos a publicidade inflúe sobre o noso comportamento e o noso modo de actuar.
A través de distintos exemplos puideron constatar claramente como a linguaxe é distinta cando o produto se destina a homes ou mulleres, ou a nenas e nenos.
Na seguinte charla destas xornadas tivemos un taller práctico sobre primeiros auxilios, impartido polo alumnado do ciclo de emerxencias sanitarias, organizado polo seu profesor Aleixo Vilas.
O pasado 24 de novembro unha representación do alumnado de Inglés do IES Lamas de Abade participou no "Concurso Juvenes Translatores" organizado pola Comisión Europea.
Agora temos recibido con ledicia a notificación de que unha das alumnas participantes, Antía Tejo Rodríguez, está entre as Mencións Especiais do Certame.
Parabéns enormes!!!!!
Podedes comprobalo pulsando aquí.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer