slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Visita ao Laboratorio Aberto da Domus

O día 11 de decembro de 2018 en horario de mañá (9:30 a 14:15) o alumnado de 4º da ESO e o de 1º de Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía asistirán a unha interesante actividade programada pola Domus da Coruña na súa sección "Laboratorio Aberto". A temática centrarase na Revolución Biotecnolóxica. O profesorado acompañante serán as profesoras Marina Raíces Madriñán e Cristina Gómez Rodríguez

Lembrades a "Carreira Vuelta al Cole" ?

Pois xa podemos facer balance de participación e recadación. Nesta Volta ao Cole 2018 participamos 339.848 persoas en toda España e un total de 953 coles. O noso centro IES Lamas de Abade, recadou a cantidade de 197,14 euros, superando o euro por neno/a que pedíamos como donativo e de forma simbólica a cambio do dorsal.

Por iso queremos agradecer a participación de todos e todas, e animar a seguir colaborando nesta importante laboura de concienciación e sensibilización sobre a Leucemia Infantil

O IES de Lamas gañador no Galicia Skills!!

http://picasion.com/
Gañamos o Galicia Skills!!

 

A nosa alumna Iria Díaz Granja resultou gañadora e medalla de ouro do concurso que se estivo celebrando estes días en Silleda na sección do ciclo de "Coidados auxiliares de enfermaría". 

 

Parabéns para a gañadora, a súa titora e todas as súas preparadoras. 

Alumnado que tamén ensina

O Lamas estivo nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). Lembrades que quedamos de completar información sobre a asistencia dunha representación do alumnado a esas Xornadas?  Pois cumpramos coa palabra comprometida:

O pasado 15 de novembro un grupo do noso alumnado presentou nas Xornadas de Lalín a ponencia titulada: 

SUIZAZZEELEEERADAAA.

XXV Congreso Semes de Galicia

O Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias asistirá o 29 de novembro de 2018 á cidade da Coruña para participar no XXV Congreso Autonómico SEMES de Galicia (Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias). O horario da actividade será dende as 15:00 ata as 22:00 e terán como acompañantes a profesora Esther Pérez e ao profesor Miguel Carreira

Xa chegan os Skills Galicia 2018

Os días 28, 29 e 30 de novembro a Formación Profesional do Lamas de Abade vivirá a súa particular Olimpíada. Chegan os Skills 2018 nos que o noso centro presenta a Iria Díaz Granja como candidata a levarse este importante galardón profesional.

25N, O IES de Lamas contra a Violencia de Xénero

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Lamas de Abade

 

Teatro "Pelos na Lingua"

Sen necesidade de desprazarnos moi lonxe o Departamento de Dinamización preparou para o xoves 22 de novembro unha actividade na que gozar da compañía teatral Talía Teatro e a súa obra "Pelos na Lingua".

Actividade: "Xeoloxía da nosa contorna"

O Departamento de Bioloxía ten organizado para o mércores 21 de novembro unha actividade para coñecer a rica xeoloxía da nosa contorna.

Xornadas ENCIGA

Case nos esquecemos de compartir con vos este importante acontecemento: Este serán do día 15 de novembro o IES Lamas de Abade terá un destacado protagonismo nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia. Unha representación do alumnado do Instituto dirixida polo profesor José Manuel Facal protagonizará algunha das ponencias da tarde.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer