Pois xa podemos facer balance de participación e recadación. Nesta Volta ao Cole 2018 participamos 339.848 persoas en toda España e un total de 953 coles. O noso centro IES Lamas de Abade, recadou a cantidade de 197,14 euros, superando o euro por neno/a que pedíamos como donativo e de forma simbólica a cambio do dorsal.
Por iso queremos agradecer a participación de todos e todas, e animar a seguir colaborando nesta importante laboura de concienciación e sensibilización sobre a Leucemia Infantil e da importancia de destinar fondos para investigar en novos tratamentos que posibiliten curar a enfermidade.
Pulsa para ver é o vídeo que a Fundación elaborou e que resume a participación dos colexios e institutos a nivel estatal
Lembra que no IES Lamas de Abade temos unha ampla galería de imaxes que resume o que vivimos o día 26 de outubro. Pásate por ela pulsando aquí.
Se queres saber máis da Fundación Uno entre Cien Mil, a entidade que promove este evento aquí deixamos este link ao vídeo explicativo
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer