slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

Formación AVINENT do alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Próteses dentais

Os días 19 e 26 de xaneiro recibimos no laboratorio de Próteses dentais do instituto a visita de Joan, Claudia e Miguel, axentes comerciais e especialistas de produto de AVINENT, grupo empresarial especialista do sector dental.

Durante a primeira xornada, amosáronos una mostra dos produtos que se elaboran no seu centro de fresado en Manresa e ademais fixeron unha demostración do manexo de escáner intraoral para obter una imaxe tridimensional sobre a que realizar o deseño das próteses. 

Na segunda xornada o alumnado recibiu una masterclass de deseño de próteses dentais con Exocad.

Visita Unidade Cinolóxica ao IES Lamas de Abade

No pasado mes de decembro fixérase unha actividade co alumnado de emerxencias sanitarias e aínda non tiñamos compartido as fotos desa actividade. A charla foi impartida pola Unidade Cinolóxica da Garda Civil, onde explicou ao noso alumnado o seu papel na fase de rescate de víctimas, búsqueda e localización, coa axuda de cans adestrados para grandes áreas. Precisamente grazas a esta actividade o alumnado entrou en contacto con esa etapa previa a que os Técnicos en Emerxencias fagan a atención sanitaria e traslado de ditas víctimas. 

Deixamos enlace a algunhas fotos

  https://photos.app.goo.gl/gs7JugQs87BnE7319

Visita ao RIAIDT do alumnado de 2BACH de Bioloxía e Ciencias da Terra

VISITA Ó RIAIDT DOS ALUMNOS DE 2º BACHARELATO DE BIOLOXÍA E CIENCIAS DA TERRA

Os postos de traballo que han desempeñar os nosos alumnos aínda non están inventados, pero a visita a este tipo de centros pode servir para crear neles un sentimento de seguridade ante a versatilidade dos seus coñecementos actuais para poder acceder a multitude de empresas dun amplo espectro de campos de traballo.

O RIAIDT creouse como un centro onde se localizan infraestruturas de uso común cuxo servicio pode ser requirido por  algún departamento de investigación da USC  así como por outros organismos públicos e empresas privadas.


Unha das seccións que máis nos gustou foi a Área de Raios X polo modo en que nos foi presentada. Ofrece servicios de investigación en sistemas estruturados con periodicidades desde 0.5 a 1000
Å. De modo quepode servir para determinar a estrutura cristalina ou molecular dun composto ou estudios de dispersión e difracción de Raios X e reflectometría.

Nos servicios para a observación das mostras con microscopios electrónicos e confocais non so tivemos a oportunidade de comprobar como funcionan estes carísimos aparatos senón que se nos permitiu manipular, colocando as mostras, un antigo ME de  tipo analóxico.

Concerto Didáctico "Sinfonía Romaría"

O pasado xoves 19 de xaneiro o alumnado de 2º da ESO estivo presente no Concerto Didáctico "Sinfonía Romaría" interpretado pola banda de Música Municipal de Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia gozando da actividade cun comportamento exemplor e con gran aproveitamento.  

Hoxe gañamos Tod@s !!!!!!!

A última actividade do trimestre naceu como medio para incentivar a solidariedade coa recollida de alimentos da Biblioteca. O Departamento de Educación Física tomou a iniciativa de organizar un "partido solidario" no que o alumnado pagaba a súa entrada coa entrega dun quilogramo de alimentos.

A asistencia foi enorme contabilizándose máis de 170 entradas, as gradas estiveron cheas de xente e de encendidos ánimos e o espectáculo no campo tivo emoción minuto tras minuto sendo necesario resolver o resultado do encontro na tanda de penaltis na que os vencedores foron os de 4º da Eso xusto no derradeiro lanzamento do partido. Non obstante, co éxito desta actividade, hoxe os gañadores fomos todas e todos. Parabéns!!!!

 

Éxito da Campaña "Quilos de Poesía"

Éxito da campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica de Santiago organizada polo equipo da Biblioteca do Lamas. Hoxe pola mañá e coa colaboración do alumnado, as múltiples caixas de alimentos foron entregadas no seu destino. Grazas a todas as persoas que colaboraron coa iniciativa!!!!

    

Bo Nadal co vídeo do Dpto. de Educación Física!!

FELICES FESTAS

               

Operación "Quilos de Poesía" na Biblioteca

Igual que en anos anteriores o Equipo da Biblioteca pide a colaboración de toda a Comunidade Escolar do Lamas de Abade para axudar nestas datas a aquelas organizacións que loitan pola mellora das condicións na nosa sociedade coa tradicional recollida de alimentos que irán destinados,nesta ocasión, á Cociña Económica.

Nestes días, e con data límite no 20 de decembro, aquelas persoas que queiran axudar poden deposita os alimentos nas caixas habilitadas na propia Biblioteca. Toda colaboración é benvida e agradecida

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer