REUNIÓN DA CCP
Convócase reunión da CCP no salón de actos para o martes, día 13 de abril de 2021ás 16:15 horas, en primeira convocatoria, e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Gastos de funcionamento dos departamentos didácticos durante o ano 2020.
3.- Orzamento dos departamentos didácticos para o ano 2021.
4.- Información sobre o proceso de reserva de matrícula para o curso 2021/2022.
5.- Modificación do proceso de revisións e reclamacións das cualificacións.
6.- Materias de 3º e 4º de ESO para o proxecto E-DIXGAL.
7.- Calendario das probas de avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
8.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
9.- Rogos e preguntas.
Chantada, 31 de marzo de 2021.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez