01/10/2019 17:00
Co motivo do comezo do curso escolar 2019/2020 o centro realizará a presentación do mesmo para o día 1 de outubro de 2019 ás 17:00 horas. Neste acto intentarase seguir o guión mostrado a continuación:
- Presentación dos membros do equipo directivo do centro.
- Información da Dirección do centro.
- Información da Xefatura de Estudos.
- Información do Departamento de Orientación do centro.
- Presentación das persoas titoras dos distintos grupos da ESO.
- Reunión coa persoa titora dos seus fillos ou fillas.
- Recorrido polo centro visitando as distintas instalacións do mesmo.
As persoas titoras deberán asistir ao acto, e o resto de profesorado está invitado ao mesmo.
A dirección