CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o martes, día 16 de outubro de 2018 ás16:30 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Modificación, se procede, do Proxecto Lingüístico do centro.
3.- Aprobación, se procede, da programación xeral anual do curso 2018/2019.
4.- Aprobación, se procede, do “Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA)-Contratos programa” para o curso 2018/2019.
5.- Calendario da primeira avaliación do curso 2018/2019.
6.- Información da dirección do centro.
7.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
8.- Rogos e preguntas.
Chantada, 8 de outubro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez