Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
9
Start: 09/09/2019 11:00
REUNIÓN DA CCP
Convócase reunión da CCP na aula multimedia para o luns, día 9 de setembro de 2019 ás 11:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2.- Elección do/a secretario/a da Comisión de Coordinación Pedagóxica. 3.- Plan anual de lectura para o curso 2019/2020. 4.- Modificación, se procede, do Proxecto Lingüístico do centro. 5.- Elaboración das programacións didácticas. 6.- Membros do departamento de Orientación. 7.- Proposta de calendario para as avaliacións do curso 2019/2020. 8.- Fotocopias realizadas no centro durante o curso 2019/2020. 9.- Información da dirección do centro. 10.- Rogos e preguntas.
Chantada, 2 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
| 10
Start: 10/09/2019 12:00
CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO DO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o martes, día 10 de setembro de 2019 ás 12:00 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2.- Criterios para a elaboración dos horarios do curso 2019/2020. 3.- Rogos e preguntas.
Chantada, 2 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez | 11
| 12
| 13
Start: 13/09/2019 10:00
CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o venres, día 13 de setembro de 2019 ás 10:00 horas, coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2.- Aprobación, se procede, do Proxecto do Club de Lectura para o curso 2019/2020. 3.- Elección dos días non lectivos para o curso 2019/2020. 4.- Información da Dirección. 5.- Entrega de horarios para o curso 2019/2020. 6.- Rogos e preguntas.
Chantada, 4 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
Start: 13/09/2019 12:00
CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR ORDINARIO
Convócase Consello Escolar Ordinario na aula multimedia do centro para o venres, día 13 de setembro de 2019, ás 12:00 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2.- Modificación na constitución do Consello Escolar e das comisións correspondentes. 3.- Aprobación, se procede, do Proxecto do Club de Lectura para o curso 2019/2020. 4.- Aprobación, se procede, da autorización do uso do pavillón para o “Castañazo Rock”. 5.- Aprobación, se procede, dos días non lectivos do curso 2019/2020. 6.- Autorizacións para utilizar o pavillón do centro. 7.- Información da Dirección. 8.- Rogos e preguntas.
Chantada, 2 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
| 14
| 15
|