Eventos
CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o mércores, día 6 de xuño de 2018 ás 16:15 horas, coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Modificación e aprobación, se procede, do Proxecto Educativo do centro.
3.- Modificación e aprobación, se procede, das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.
4.- Aprobación, se procede, da solicitude para participar no proxecto E-Dixgal.
5.- Aprobación, se procede, da continuidade do "Plan de mellara de bibliotecas escolares" para o curso 2018/2019.
6.- Aprobación, se procede, do procedemento para a avaliación de competencias na E.S.O.
7.- Información da dirección do centro.
8.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
9.- Rogos e preguntas.
Chantada, 28 de maio de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR ORDINARIO
Convócase Consello Escolar Ordinario na aula multimedia do centro para o mércores, día 6 de xuño de 2018,ás 17:30 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
2.- Aprobación, se procede, da autorización do uso do pavillón para o “Castañazo Rock”.
3.- Aprobación, se procede, da autorización do pavillón como lugar de parada do camiño de Santiago para alumnado de 3º de ESO do colexio Escolapios de Valencia.
4.- Aprobación, se procede, da solicitude do programa CUALE para o curso 2018/2019.
5.- Aprobación, se procede, da xustificación económica do “Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018”.
6.- Aprobación, se procede, da continuidade do “Plan de mellora de bibliotecas escolares” para o curso 2018/2019.
7.- Aprobación, se procede, da solicitude para participar no proxecto E-Dixgal.
8.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
9.- Rogos e preguntas.
Chantada, 28 de maio de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez