Eventos
REUNIÓN DA CCP
Convócase reunión da CCP na aula multimedia para o xoves, día 22 de febreiro de 2018 ás 16:15 horas, en primeira convocatoria, e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Gastos de funcionamento dos departamentos didácticos durante o ano 2017.
3.- Orzamento dos departamentos didácticos para o ano 2018.
4.- Proposta de calendario para a avaliación final ordinaria.
5.- Calendario das probas de avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
6.- Borrador da modificación do Proxecto Educativo do centro.
7.- Borrador das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.
8.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
9.- Rogos e preguntas.
Chantada, 9 de febreiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o mércores, día 7 de marzo de 2018 ás 16:15 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Avaliación dos resultados académicos na ESO e no Bacharelato durante o curso 2016/2017.
3.- Valoración do simulacro realizado o día 22 de novembro de 2017.
4.- Calendario de avaliacións para o segundo trimestre do curso 2017/2018.
5.- Aprobación, se procede, do calendario de final de curso 2017/2018.
6.- Información da dirección do centro.
7.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
8.- Rogos e preguntas.
Chantada, 26 de xaneiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR ORDINARIO
Convócase Consello Escolar Ordinario na aula multimedia do centro para o mércores, día 7 de marzo de 2018, ás 17:15 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
2.- Borrador da modificación do Proxecto Educativo do centro.
3.- Borrador da modificación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.
4.- Aprobación ou modificación, se procede, de novas actividades complementarias e extraescolares para o curso 2017/2018.
5.- Información sobre os procedementos correctores por condutas graves de catro alumnos do centro.
6.- Rogos e preguntas.
Chantada, 26 de febreiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez