Eventos
REUNIÓN DA CCP
Convócase reunión da CCP na aula multimedia para o mércores, día 24 de xaneiro de 2018 ás 16:15 horas, en primeira convocatoria, e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Modificación das programacións didácticas.
3.- Avaliación dos resultados académicos do centro durante o curso 2016/2017.
4.- Proposta de calendario para a segunda avaliación.
5.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
6.- Rogos e preguntas.
Chantada, 15 de xaneiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
REUNIÓN DA COMISIÓN DE CONVIVENCIA
Convócase reunión da comisión de convivencia do centro na aula multimedia para o mércores, día 24 de xaneiro de 2018 ás 17:15 horas, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Información da Xefatura de Estudos.
3.- Información da persoa dinamizadora da convivencia no centro.
4.- Rogos e preguntas.
Chantada, 15 de xaneiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR ORDINARIO
Convócase Consello Escolar Ordinario na aula multimedia do centro para o martes, día 30 de xaneiro de 2018, ás 16:15 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Avaliación dos gastos de funcionamento do centro do ano 2017.
3.- Avaliación do orzamento para o ano 2018.
4.- Avaliación dos resultados académicos na ESO e no Bacharelato durante o curso 2016/2017.
5.- Aprobación ou modificación, se procede, de novas actividades complementarias e extraescolares para o curso 2017/2018.
6.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
7.- Rogos e preguntas.
Chantada, 22 de xaneiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
REUNIÓN DA CCP
Convócase reunión da CCP na aula multimedia para o xoves, día 22 de febreiro de 2018 ás 16:15 horas, en primeira convocatoria, e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Gastos de funcionamento dos departamentos didácticos durante o ano 2017.
3.- Orzamento dos departamentos didácticos para o ano 2018.
4.- Proposta de calendario para a avaliación final ordinaria.
5.- Calendario das probas de avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
6.- Borrador da modificación do Proxecto Educativo do centro.
7.- Borrador das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.
8.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
9.- Rogos e preguntas.
Chantada, 9 de febreiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez