Skip to Content

Novas do centro

As notas da segunda avaliación de ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo medio, 1º Ciclo superior e 1º FPBásica publicaranse o venres 31 de marzo ás 10:00.

O 17 de marzo publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios:

FP Básica.

Bacharelato.

Ciclos Medios.

Ciclos Superiores.

Universidade e outros.

As solicitudes faranse exclusivamente de forma telemática a través da Sede Electrónica do MEFP. O prazo de solicitude abrangue do día 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ambos incluídos.

Texto da convocatoria

Para máis información e solicitude:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

As notas da segunda avaliación de 2º de Ciclos medios e 2º de Ciclos superiores publicaranse o venres 24 de marzo ás 10:00.

Unha falta de ortografía fálame dos meus devanceiros

ningún sabía ler ningún sabía que Apollinaire vivira

que Rilke fora amado con furor polos anxos

e que Federico García Lorca soñara entre limoeiros á luz da alba.

Ninguén sabía ler

non

e eu ensínovos o que hai detrás deste verso

aclimatado á chuvia do voso país

á vosa borrasca milenaria

ao soño do voso armiño nove veces adormentado

e dou de min

a gota que me colma

e a ledicia de vervos ir á vida escrita con b

pero amada con furia.

                                                                                   Feliz Idade

                                                                                   Olga Novo

As notas da segunda avaliación de 1º e 2º de Bacharelato de Adultos publicaranse o martes 21 de marzo ás 10:00.

Distribuir contido


by Dr. Radut