Skip to Content

Novas do centro

A resolución do 10 de setembro de 2024, da D. Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18 de setembro) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

Os censos electorais están dispoñibles para consulta a partir do 29 de outubro no taboleiro de anuncios da entrada do instituto (O período de reclamación ao censo electoral é ata o 8 de novembro).

Os membros a renovar:

Sector alumnado: 2 

Sector profesorado: 3

Sector persoal administración e servizos: 1

Sector familias do alumnado: 1

prazo para presentación de candidaturas é do 30 de outubro ao 11 de novembro (as persoas interesadas deben coller o impreso na Secretaría do instituto)

Celebración votacións:  día 20 de novembro

Constitución do novo Consello Escolar: día 12 de decembro

O alumnado que cursou 2º de Bacharelato no curso 2023/24 e realizou a proba especifica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio da Acreditación de Competencias Dixitais, pode acceder, descargar ou recoller a Certificación ComDix Intermedio por algunha das seguintes vías:

  • Descargar o certificado desde o espazoAbalar ou desde abalarMovil sempre que se teña unha matricula viva (por exemplo, estando matriculado nun ciclo formativo superior).
  • Descargar o certificado desde a Carpeta cidadá da Xunta de Galicia, accesible dende A miña sede, na Sede electronica.
  • Recoller  o certificado, dispoñible en XADE, na secretaría do Centro. A solicitude do certificado pódese facer na Secretaría virtual do centro, cubrindo o formulario Petición de Certificado.

O mércores 11 de setembro comezan as atividades lectivas do curso 2024/25 co seguinte horario para ese día:

  • ESO e Bacharelato: 8:50 h
  • Ciclos: 9:15 h
  • Dual intensiva: 16:00 h
  • ESA: 17:45 h
  • Bacharelato adultos: 17:00 h

O mércores 11 comezamos xa co horario completo. Os seguintes grupos teñen clase os mércores pola tarde:

  • 1º CM Soldadura
  • 1º CM Peiteado
  • 1º CM Estética
  • 1º CS Construcións
  • 2º CS Construcións

En canto ó transporte escolar, todo o alumnado que solicitou transporte escolar na matrícula, pode utilizalo desde o primeiro día.

A partires do 8 de xullo pódense consultar na conserxería do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluidos no fondo de libros.

Os días de reclamación son o 8 e 9 de xullo.

Pódese consultar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato e de 1º de FP Básica no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut