"Visibilizando as mulleres", actividade comezada o curso pasado e que xa forma parte do Proxecto da Biblioteca, celebrouse este ano cos grupos de 1º ESO e coa colaboración do Voluntariado de 1º de bacharelato. Como é habitual o alumnado xogou a adiviñar quen estaba debaixo da manta a través dunha batería de preguntas con cuxa resposta lograron visibilizar a mulleres de distintas épocas e lugares: Mary Shelley, Ágatha Christie, Almudena Grandes e Irena Sendler.
Queremos destacar o valioso labor do Voluntariado que axudou a xente miúda a coñecer catro figuras claves do feminismo e da literatura universal.
"Neste atípico ano, a pandemia privounos de moito, desde experiencias ata persoas... pero nós mantivemos o noso espírito e esencia revolucionarios e loitadores, que non deixaron indiferente a ninguén este 25 de novembro. Desde o equipo do voluntariado da biblioteca..."
Así comenza o texto publicado en Bibliocarballeira pola nosa compañeira Antía de 1º de Bacharelato con motivo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Para ler o texto completo e ver máis vídeos, pincha no menú da dereita BIBLIOCARBALLEIRA
Nos tempos que corren a axuda é sempre de agradecer, pero se ademáis vén de balde, con bo xesto e ganas, entón o Equipo da Biblioteca crece e emociónase.
Presentamos a SARA, ANTÍA, HÉCTOR, GIOVANNA, CARMEN, AITOR, MARTIÑO, PAULA, HELENA E ALBA, alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de BACHARELATO que xa están colaborando nos labores da Biblio Carballeira nos diferentes recreos.
BENVIDAS E GRAZAS. BIBLIO CARBALLEIRA TEN UN EQUIPAZO!