"Visibilizando as mulleres", actividade comezada o curso pasado e que xa forma parte do Proxecto da Biblioteca, celebrouse este ano cos grupos de 1º ESO e coa colaboración do Voluntariado de 1º de bacharelato. Como é habitual o alumnado xogou a adiviñar quen estaba debaixo da manta a través dunha batería de preguntas con cuxa resposta lograron visibilizar a mulleres de distintas épocas e lugares: Mary Shelley, Ágatha Christie, Almudena Grandes e Irena Sendler.
Queremos destacar o valioso labor do Voluntariado que axudou a xente miúda a coñecer catro figuras claves do feminismo e da literatura universal.
Máis información, fotos e vídeos en Bibliocarballeira.