Skip to Content

O Alumnado do CS de Construcións Metálicas e o alumnado de 2º de CM de Soldadura visitou, o pasado día 19 de outubro, a empresa Aluminios Cortizo acompañado polo profesorado Rafa Baquero, Eva Chantrero e Rosalía López.

Instrución 10/23 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso do bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa. 

 Instrución 10/23

 Modelos orientativos

Estimadas/os nais e pais, convocámosvos á asemblea xeral ordinaria de inicio de curso. Calquera pai/nai/titor legal do alumnado do centro poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, as persoas non asociadas asistirán á asemblea con voz pero sen voto.

Data: Luns 02 de outubro 2023.

Hora: 16:45h en primeira convocatoria ou 17:00 h en segunda convocatoria (de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: Salón de actos do IES Johán Carballeira.

Convocatoria e orde do día

Acta da asemblea anterior

O martes 19 de setembro terán lugar as reunións coas familias do alumnado no seguinte horario:

A reunión de 3º ESO aprázase ata novo aviso.

A reunión de 2º de bacharelato será ás 19:00. Rógase ás familias que agarden na entrada do centro.

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convoca, con carácter experimental, a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/2024. O IES Johan Carballeira ten a intención de participar neste programa de Innovación Educativa polo que a continuación resumimos as características máis salientables do programa, así coma o público a quen vai dirixido, o procedemento de selección e a documentación que o alumnado debe presentar.

Programa Picasso MOB-ERASMUS+

 

Distribuir contido


by Dr. Radut