É a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega e que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional.
Para que necesito esta certificación ComDix? Que usos terá?
Servirá para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o noso nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais.
Como se organiza a acreditación das competencias dixitais do alumnado?
Na Resolución do 28 de febreiro de 2024 ditanse instrucións para a acreditacón das competencias dixitais do alumnado que cursa ESO e bacharelato no curso 2023/24.
A seguinte información sobre o procedemento de admisión, tal como se establece na Orde, pode consultarse no taboleiro da Secretaría do Centro e na aplicación AdmisionAlumnado.
Normativa. O procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos establécese na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Prazo de presentación das solicitudes de reserva de praza: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024para o alumnado que finaliza etapa nun centro ou colexio adscrito e pasa a outro, tendo que presentar a solicitude de reserva de praza, que se pode facer:
Prazo de presentación das solicitudes de admisión: para o resto do alumnado, do 1 ao 20 de marzo.
INFORMACIÓN A COÑECER PREVIAMENTE:
O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar a solicitude noutro centro, debe comunicalo.
Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.
O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.
En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.
Formalización e presentación da solicitude de admisión e a documentación. Pode facerse:
Data de publicación das listaxes de alumnado admitido e non admitido: as listaxes serán publicadas no taboleiro da Secretaría do centro, podendo consultarse tamén a información a través de Chave 365.
Listaxe provisional: 25 de abril.
Prazo para formular reclamación: nos cinco días hábiles seguintes.
Listaxe definitiva: 15 de maio.
Segundo o artigo 36 da Orde, contra a listaxe definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Prazo para formalizar a matrícula: para todo o alumnado, do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023.
O martes 30 de xaneiro de 16:00 a 17:00 no salón de actos do IES Johan Carballeira, xornada de portas abertas para familias: acollida 1º ESO para o curso 2024-2025.
Publicada o 8 de xaneiro a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo de presentación de solicitudes:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.
Datas de realización:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación. – Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. – Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
As probas de acceso aosciclos de grao superiorterán lugar o día18 de abril de 2024no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación. – Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá). – Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).