Skip to Content

Programa YAM para 3º-4º ESO.

Asunto: Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

Informamos que, este curso 2024/25, o noso centro participa novamente como centro de control no Programa de prevención do suicidio YAM, ao abeiro do “Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil”, dirixido á poboación escolar galega de 3º e 4º da ESO.

YAM é un programa de prevención primaria de promoción universal da saúde mental. Invita a reflexionar sobre diferentes situacións e a considerar enfoques distintos cando nos enfrontamos aos retos da vida ou a problemas de saúde mental. O programa vai dirixido a poder prestar apoio aos compañeiros/as e a poder pedir axuda cando a precisamos.

 

Para poder participar no proxecto YAM, o alumnado ao que vai dirixido o programa, precisa entregar no centro, o consentimento informado (cuberto e asinado polo seus proxenitores).

 

No seguinte enlace, podedes acceder á información aportada polo Servizo Galego de Saúde sobre o Programa.

 

YAM - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)

 

1 Adxuntos doc de información do programa.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e compromiso para o bo desenvolvemento do programa.

AdxuntoTamaño
DIPTICO_GAL.pdf257.41 KB
Folleto_Proxenitores_Gal.pdf58.3 KB


page | by Dr. Radut