Skip to Content

Eleccións Consello Escolar 24-25

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR-CANDIDATURAS

Comunícase que, en virtude da lexislación vixente relativa á renovación parcial dos membros do Consello Escolar, as candidaturas presentadas para o sector pais/nais/titores legais son as seguintes:

- Dª Casas Ibárrez, Inés del Mar

- Dª García Rodríguez, Veracruz

- Dª Iglesias Martiñan, Victoria

- Dª López Fernández, Marina

- Dª Martínez Outeiral, Montserrat

- Dª Soage Villanueva, Agustina

Para o sector alumnado, as candidaturas presentadas son as seguintes:

Dª Calviño Sobrino, Manuela Marie

Dª El Abbouti Omar Laiachi, Fadwa

D. Oltra Lourido, Guillermo

Dª Portela Dasilva, Uxía

D. Santiago Villanueva, Rubén

O prazo de reclamacións abrangue os días 14 e 15 de novembro (ata as 11h)

Lembrámoslles que as eleccións celebraranse o vindeiro luns 18 de novembro, de 9h a 13h e de 18h a 20h para os pais/nais / titores legais, e de 9h a 13h para o alumnado.

Contamos coa súa colaboración e participación.

 

Programa YAM para 3º-4º ESO.

Asunto: Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

Informamos que, este curso 2024/25, o noso centro participa novamente como centro de control no Programa de prevención do suicidio YAM, ao abeiro do “Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil”, dirixido á poboación escolar galega de 3º e 4º da ESO.

YAM é un programa de prevención primaria de promoción universal da saúde mental. Invita a reflexionar sobre diferentes situacións e a considerar enfoques distintos cando nos enfrontamos aos retos da vida ou a problemas de saúde mental. O programa vai dirixido a poder prestar apoio aos compañeiros/as e a poder pedir axuda cando a precisamos.

 

Para poder participar no proxecto YAM, o alumnado ao que vai dirixido o programa, precisa entregar no centro, o consentimento informado (cuberto e asinado polo seus proxenitores).

 

No seguinte enlace, podedes acceder á información aportada polo Servizo Galego de Saúde sobre o Programa.

 

YAM - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)

 

1 Adxuntos doc de información do programa.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e compromiso para o bo desenvolvemento do programa.

Novos documentos 24-25

NOVOS DOCUMENTOS NA WEB.

Xa están dispoñibles na WEB do centro as programacións Didácticas de cada área, a Concreción Curricular de Centro e o Procedemento de Reclamación para ESO e Bacharelato para este curso 24-25. Pode acceder dende o enlace INFORMACIÓN XERAL - DOCUMENTOS.

INICIO DE CURSO 24-25

INICIO DO CURSO 2024/25

 

 

Seguindo a Orde que regula o calendario escolar para o curso

 

2024-2025, as clases empezarán o mércores 11 de setembro.

 

 

A xornada dese día desenvolverase dende a primeira hora

 

lectiva ata a última no horario habitual do resto do curso

 

para todos os grupos.

 

 

Os alumnos terán que presentarse ese día ás 8:30 am 

 

nos seguintes puntos de encontro onde serán recibidos

 

polos seus titores:

 

 

 

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato:

 

Entrarán pola porta principal do centro e dirixiranse ao 

 

 

salón de actos.

 

 

 

 

 

Alumnado de 3º e 4º da ESO:

 

Agardarán diante da porta principal do centro onde os

 

 

titores os chamarán para dirixirse ás aulas.

 

 

 

 

Alumnado de 1º e 2º da ESO:

 

 

Entrarán pola porta do pavillón (rúa do Inferniño, só ese

 

 

día) e permanecerán nel ata que os titores os leven

 

ás súas aulas. 

 

 

 

 

 

 

 

Listado Fondo solidario de Libros de Texto.

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS E ENTREGA DE LIBROS

A listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto xa está dispoñible no centro. Os libros e o cheque de material poderán ser recollidos polos titores legais a partir do luns 22 de xullo ás 10h00.
Lembramos que durante o mes de xullo e agosto o centro permanece aberto de 9:30 a 13:00.

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25

 LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25.

 

PDF adxunto.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2024-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2024-25

 

Estimadas familias,

Informamos que foi publicada no DOG a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
 
Presentación de solicitudes do alumnado de EP, ESO e EE no centro escolar ou mediante a sede electrónica (procedemento ED330B), ata o 21 de xuño de 2024.

Admisión alumnado: Publicación listaxes


 

Admisión alumnado: Publicación listaxes

Comunicamos que con data 25/04/2024 as listaxes de admisión están disponibles no taboleiro de anuncios que está no interior do centro e na aplicación informática admisionalumnado.


 

Xornada de portas abertas Ies Illa de Tambo

Uso de móbiles e dispositivos electrónicos no centro.

Estimadas familias:

   A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a Orde de 4 de xaneiro de 2024 que aproba o Protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

   Polo tanto, no centro queda prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, con carácter xeral, durante toda a xornada escolar, incluídos os períodos non lectivos (entradas, saídas, recreo e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias como saídas e visitas culturais...) en todas as etapas impartidas no centro, tanto en Secundaria como en Bacharelato.

   Adxunto pdf detallado.

   Enlace á normativa en Información xeral- documentos na páxina web.

Distribuir contido


by Dr. Radut