INICIO DO CURSO 2024/25
Seguindo a Orde que regula o calendario escolar para o curso
2024-2025, as clases empezarán o mércores 11 de setembro.
A xornada dese día desenvolverase dende a primeira hora
lectiva ata a última no horario habitual do resto do curso
para todos os grupos.
Os alumnos terán que presentarse ese día ás 8:30 am
nos seguintes puntos de encontro onde serán recibidos
polos seus titores:
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato:
Entrarán pola porta principal do centro e dirixiranse ao
salón de actos.
Alumnado de 3º e 4º da ESO:
Agardarán diante da porta principal do centro onde os
titores os chamarán para dirixirse ás aulas.
Alumnado de 1º e 2º da ESO:
Entrarán pola porta do pavillón (rúa do Inferniño, só ese
día) e permanecerán nel ata que os titores os leven
ás súas aulas.