Estimadas familias:
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a Orde de 4 de xaneiro de 2024 que aproba o Protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.
Polo tanto, no centro queda prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, con carácter xeral, durante toda a xornada escolar, incluídos os períodos non lectivos (entradas, saídas, recreo e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias como saídas e visitas culturais...) en todas as etapas impartidas no centro, tanto en Secundaria como en Bacharelato.
Adxunto pdf detallado.
Enlace á normativa en Información xeral- documentos na páxina web.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Resumo Protocolo Uso de Móbiles_WEB.pdf | 140.88 KB |