"Os alumnos de 4º ESO do instituto da Illa saíron onte de expedición. Baixo o fermoso e desexado sol da tarde, que decidiu tamén acompañar co seu sorriso, deixaron o centro e percorreron as rúas do municipio á caza do tesouro.
E como nestes tempos afligidos non hai maior tesouro que un sorriso, ese foi o labor que se lles encargou aos mozos: buscar sorrisos e inmortalizarlas.
O resultado das súas pescudas á captura de xestos amables será agora transformado nun vídeo e nunha exposición"
Texto de María Santalla. La Voz de Galicia
Esta actividade enmárcase dentro do Programa Voz Natura.