Primeiros auxilios 2024
O xoves 21 de marzo, alumnado do ciclo superior de acondicionamento físico do CIPF de Fontecarmoa visitou o centro para impartir talleres de primeiros auxilios á rapazada do IES da Illa de Arousa.
Tendo en conta a importancia dos coñecementos básicos de primeiros auxilios en caso de emerxencias e que a rápida actuación pode salvar vidas, realizáronse técnicas de RCP básica, a maniobra de Heimlich e a posición lateral de seguridade entre outras.