O título de técnico en panadaría, repostaría e confeitaría identifícase
polos seguintes elementos:
Perfil profesional
Competencia xeral:A competencia xeral deste título consiste en elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais. Contorno funcional:Estas persoas exercen a súa actividade principalmente en obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría. Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:Panadeiro/a, Elaborador/a de bolaría, Elaborador/a de masas e bases de pizza, Pasteleiro/a, Elaborador/a e decorador/a de pasteis, Confeiteiro/a, Reposteiro/a, Turroneiro/a, Elaborador/a de caramelos e doces, Elaborador/a de produtos de cacao e chocolate, Churreiro/a, Galleteiro/a, Elaborador/a de sobremesas en restauración.
|
|