O programa de formación profesional básica de cociña e restauraión
queda identificado polos seguintes elementos:
Perfil profesional
Competencia xeral: realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. .
Contorno funcional: exercen a súa actividade por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hotelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva. Ocupacións e postos de traballo máis relevantes: Axudante ou auxiliar de cociña. – Axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas. – Auxiliar ou axudante de camareiro/a en sala. – Auxiliar ou axudante de camareiro/a en bar-cafetaría. – Auxiliar ou axudante de barman. – Auxiliar ou axudante de cociña en establecementos onde a oferta estea composta por elaboracións sinxelas e rápidas (tapas, pratos combinados, etc.). – Axudante/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas. |
|
MÓDULOS |
HORAS |
1ºcurso (Módulos formativos de carácter xeral) | |
Ciencias aplicadas I. | 175 |
Comunicación e sociedade I. | 206 |
Atención á clientela | 58 |
Técnicas elementais de preelaboración. | 175 |
Procesos básicos de produción culinaria. | 179 |
Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulació | 117 |
2ºcurso |
|
Comunicación e sociedade II. | 135 |
Ciencias aplicadas II. | 162 |
Técnicas elementais de servizo | 157 |
Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas | 164 |
Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering. | 90 |
2º Curso (6º trimestre) | |
Formación en Centros de Traballo | 320 |
Total horas do ciclo | 2000 |
Mais información .....