PCPI

FPB Cociña e Restauración

Tagged:

O programa de formación profesional básica de cociña e restauraión
queda identificado polos seguintes elementos:

  • Denominación: Cociña e Restauración.
  • Nivel: Formación profesional básica
  • Duración: 2000 horas.(2 Cursos)
  • Familia profesional: hostalaría e turismo.

 

 

 

 

 

Perfil profesional

Competencia xeral:  realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. .

Contorno funcional: exercen a súa actividade por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hotelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva.

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes: Axudante ou auxiliar de cociña. – Axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas. – Auxiliar ou axudante de camareiro/a en sala. – Auxiliar ou axudante de camareiro/a en bar-cafetaría. – Auxiliar ou axudante de barman. – Auxiliar ou axudante de cociña en establecementos onde a oferta estea composta por elaboracións sinxelas e rápidas (tapas, pratos combinados, etc.). – Axudante/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.

 

 

 

 

 

 

Requisitos de acceso....

 

Ensinanzas...

MÓDULOS 

HORAS
1ºcurso   (Módulos formativos de carácter xeral)  
Ciencias aplicadas I. 175
Comunicación e sociedade I. 206
Atención á clientela 58
Técnicas elementais de preelaboración. 175
Procesos básicos de produción culinaria. 179
Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulació 117
2ºcurso  
 
Comunicación e sociedade II. 135
Ciencias aplicadas II.  162
Técnicas elementais de servizo 157
Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas 164
Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering. 90
 
2º Curso (6º trimestre)
Formación en Centros de Traballo  320
Total horas do ciclo   2000

 

 

Mais información  .....

 

Distribuir contido