Donas de si

Poetisas e poesía revelada

O alumnado de 1.° e 2.° ESO traballou, na materia de Lingua Castelá e Literatura, a técnica da poesía revelada. A partir dunha poesía xa creada, o alumnado tivo que seleccionar palabras e escurecer o resto do texto para crear unha nova poesía ou frase poética. Dito doutra forma, reordenamos palabras para crear un significado novo, o noso significado.

Día Internacional das Rapazas nas TIC.

O alumnado de 4º ESO participou por vídeo conferencia o día 25 de abril de 2024 para conmemorar e celebrar o Día Internacional das Rapazas nas TIC. E tal e como facemos neste centro, dende o ano 2018, participamos na charla-coloquio que realiza e promove o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) por vídeo conferencia.

Referentes ACCEM

O alumnado de todos os cursos participou nun encontro dixital, o titulo foi ¿Dónde están las mujeres diversas en el ámbito STEM? coa participación de Eli ABad fundadora de Between Technology, Mariana Hernández experta en psicoloxia social, investigación de mercados, tecnoloxía e negocio dixital, Alejandra Ntutumu enxeñeira en Telecomunicacións fundadora e directora do proxecto educativo
POTOPOTO.

Collage sobre a obra de Rosalía de Castro

O alumnado de 1º ESO realizou un collage partindo dun poema de Rosalía de Castro, na aula fixemos unha lectura de varias composicións e despois cada alumno escolleu unha sobre a que realizar un collage, no que mostrar a visión da paisaxe de Rosalía, e comparalo coa paisaxe na actualidade.

Entrevistas no tempo e na distancia

Co obxectivo de dar a coñecer distintas figuras da historia universal o alumnado de 4º ESO simulou a realización de entrevistas a distintas mulleres do século XX, no traballo tiñan que facer unha investigación previa da muller seleccionada e despois realizar a entrevista, na que tiñan que falar da traxectoria persoal das distintas mulleres e da súa pegada na historia.

Entre as mulleres que traballaron estaban Clara Campoamor, Concepción Arenal, Mary Richardson, Emily Davison…

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024

Dende o Departamento de Lingua Galega e Literatura difundiuse a figura homenaxeada para celebrar o Día das Letras Galegas. Nas aulas de 1º e 2º da ESO lemos e comentamos a súa biografía e algún dos seus poemas, recollidos na obra de María Canosa Luísa Villalta, melodía de palabras, ao longo do mes de maio.

Día de Rosalía de Castro. 23 de febreiro

Dende o Departamento de Lingua Galega e Literatura difundiuse a figura de Rosalía de Castro e ademais o alumnado elaborou as súas creacións para coñecer a biografía e obra da autora. Por exemplo: cartas a Rosalía e Rosalía responde, poemas vangardistas desde algún dos poemas dela, transformación de poemas en relatos… Tamén todo o alumnado participou nun concurso de decorado das portas
da súas aulas. Resultou gañadora a porta de 2º da ESO.

 

Mulleres romanas

As alumnas de Latín buscaron en Internet información sobre mulleres romanas e... sorpresa! Estas mulleres apareceron no IES Fonmiñá!.

Servizo de ferro de pasar a domicilio!

Na titoría de 4ºESO deseñouse unha actividade práctica para aprender a pasar o ferro, en caso de que non soubesen, ou para perfeccionar a técnica. Esta actividade ademais de resultar útil na vida cotiá do noso alumnado, contribúe á erradicación dos roles de xénero.

 

Día Internacional da Muller Rural

Para conmemorar o 16 de outubro, Día Internacional da Muller no Rural, o departamento de Economía organizou unha mesa - debate para valorar a presenza feminina no sector agrícola e gandeiro. Visitáronnos tres mulleres do concello, algunhas delas, realizaran os seus estudos obrigatorios no noso centro.

Distribuir contido