Día Internacional da Muller Rural

Para conmemorar o 16 de outubro, Día Internacional da Muller no Rural, o departamento de Economía organizou unha mesa - debate para valorar a presenza feminina no sector agrícola e gandeiro. Visitáronnos tres mulleres do concello, algunhas delas, realizaran os seus estudos obrigatorios no noso centro.

Contáronnos como foi a decisión de quedar no rural e a súa achega. Deste xeito, tentamos visibilizar a importancia que merece a axuda económica, social e cultural que desenvolven as mulleres nas zonas rurais.